Tympanuchus pallidicinctus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tympanuchus pallidicinctus

Tympanuchus pallidicinctus exhibíndose durante a parada nupcial
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Tympanuchus
Especie: T. pallidicinctus
Nome binomial
Tympanuchus pallidicinctus
(Ridgway, 1873)
Área de distribución de T. pallidicinctus
Área de distribución de T. pallidicinctus

Área de distribución de T. pallidicinctus

Tympanuchus pallidicinctus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.

Endémica dos Estados Unidos, como a súa estreitamente relaciona especie, de maior tamaño, Tympanuchus cupido, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1973 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Tympanuchus.

O epíteto específico, pallidicinctus, está formado polos elementos do latín científico pallidi- e -cinctus. O primeiro é a raíz do xenitivo do adxectivo latino pallidus, -a, -um, 'palido', e o segundo o nominativo singular do substantivo cinctus, -us, 'cinto'. Literalmente, 'o de cinto pálido'.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Non se recoñecen subespecies.[2]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Esta ave orixinariamente habitaba nas praderías de herbas de mediana altura con, ou sen, o carballo Quercus havardii, alternando con Artemisia filifolia (artemisia de area).[3][4] Hoxe é máis común en zonas con vexetación de gramíneas ananas e arbustos así mesmo ananos, ás veces intercalada con pastos curtos.[5]

Ao redor da metade da súa poboación actual vive no oeste de Kansas, coa outra metade nas dunas e praderías do oeste de Oklahoma, o norte de Texas, o leste de Novo México e o sueste de Colorado.[1]

Costumes[editar | editar a fonte]

Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.[6]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) debido a que á súa área de distribución é restrinxida e desigual, e á vulnerabilidade da destrución do seu hábitat.[1]

Hai evidencias que suxiren que o quecemento global pode ter unha influencia prexudicial, sobre todo porque reduce o tamaño dos ecosistemas de Artemisia tridentata.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Tympanuchus pallidicinctus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 13 de marzo de 2019.
  2. 2,0 2,1 Tympanuchus pallidicinctus (Ridgway, 1873) no ITIS.
  3. Hagen, C. A.; Jamison, B. E.; Robel, R. J. & Applegate, R. D. (2002): "Ring-necked Pheasant Parasitism of Lesser Prairie-chicken Nests in Kansas". Wilson Bulletin 114 (4): 522-524.
  4. Wolfe, D. H.; Patten, M. A.; Shochat, E.; Pruett, C. L. & Sherrod, S. K. (2007): "Causes and patterns of mortality in lesser prairie-chickens Tympanuchus pallidicinctus and implications for management". Wildlife Biology 13: 95-104.
  5. Davis, D. M. (2009): "Nesting ecology and reproductive success of Lesser Prairie-chickens in shinnery oak-dominated rangelands". Wilson Journal of Ornithology 121 (2): 322-327.
  6. Fiske, P.; Rintamaki, P. T. & Karvonen, E. (1088): "Mating success in lekking males: a meta-analysis". Behavioral Ecology 9: 328–338.
  7. Youth, Howard (2007). "Lekkin’ Grouse on the Prairie". Zoogoer March/April 2007. National Zoo. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]