Tyler Hoechlin
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (bg) Тайлър Лий Хочлин 11 de setembro de 1987 Corona, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Universidade Estatal de Arizona Santiago High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | actor, actor de televisión, beisbolista, actor de cinema | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | béisbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Don Hoechlin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Irmáns | Tanner Hoechlin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tyler Lee Hoechlin, nado en Corona (California) o 11 de setembro de 1987, é un actor estadounidense que conseguiu o papel protagonista xunto con Tom Hanks no filme Road to Perdition (2002) como Michael Sullivan Jr. Na televisión é recoñecido polo seu papel como Martin Brewer en 7th Heaven.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hoechlin é fillo de Lori e Don Hoechlin. Comezou a actuar con nove anos de idade. A súa actuación en Road to Perdition levouno a conseguir o papel de Martin Brewer na exitosa serie 7th Heaven no 2003
Hoechlin foi nomeado para un premio como nova estrela masculina no ano 2004. No 2008 interpretou a Nick no filme Solstice. Tamén será o protagonista da serie da MTV Teen Wolf e actuou nun episodio de Castle na súa segunda tempada. En 2011 protagonizou xunto a Owen Wilson e Christina Applegate o filme Carta branca.
Hoechlin é, asemade, xogador de béisbol. Comezou a xogar con sete anos de idade e anteriormente estivo no cadro de Arizona State University e o Battle Creek Bombarderos da Liga Northwoods. No 2008 xogou dentro do cadro do UC Irvine Anteaters.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Family Tree (1999)
- Train Quest (2001)
- Road to perdition (2002)
- 7th Heaven (2003) televisión
- Solstice (2008)
- Grizzly Rage (2007)
- Carta branca (2011)