Txupinazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Txupinazo nas festas de San Antolín, en Plentzia, Biscaia, España.

Chámase txupinazo ou chupinazo ao foguete pirotécnico que se lanza para sinalar o inicio dunha festa, un espectáculo ou outro acontecemento.

En Pamplona[editar | editar a fonte]

O chupinazo máis famoso é o que se lanza o día 6 de xullo de cada ano ás doce do mediodía desde o balcón da Casa do Concello de Pamplona, situada na Plaza Consistorial, para sinalar o inicio das festas de San Fermín ou Sanfermines. Congrega gran número de público e adóitase retransmitir en directo por televisión.

En Vitoria[editar | editar a fonte]

En Vitoria, cada 4 de agosto ás seis da tarde, o chupinazo que dá comezo ás festas en honra da Virxe Branca, acompáñase desde 1957 coa baixada de Celedón (un boneco suspendido por unha corda que baixa co seu paraugas aberto desde a torre da igrexa de San Miguel ante unha gran multitude que o recibe acendendo puros e abrindo botellas de champaña).

Celedón chega a un balcón do que sae, xa convertido en humano para pasar nesta ocasión camiñando entre a multitude. De aí diríxese ata a balconada da Igrexa desde onde dá un discurso alentando a todo o mundo á diversión nas festas que comezan.

En Santander[editar | editar a fonte]

Outro dos chupinazos máis famosos e antigos é o que se lanza o 17 de xullo para sinalar as festas de Santiago na Semana Grande de Santander.

En Huesca[editar | editar a fonte]

O 9 de agosto, véspera de San Lorenzo, lánzase desde o balcón do Concello de Huesca na praza da Catedral o foguete anunciador, dando comezo as "Festas de San Lorenzo" que finalizan o 15 de agosto.

En Fraga[editar | editar a fonte]

A semana do 12 de outubro lánzase o chupinazo, tamén chamado cohetasso, dende o balcón do concello, co que se inician as festas do Pilar de Fraga (Huesca). É un dos actos con máis afluencia de público destas festas, onde acoden miles de persoas.

En Bilbao[editar | editar a fonte]

O sábado seguinte ao 15 de agosto, lánzase o txupin ou txupinazo para dar inicio á Semana Grande de Bilbao que é Patrimonio inmaterial de España e á vez, unha das festas nacionais con máis éxito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]