Turghun Almas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Turghun Almas
Turghun-275x300.jpg
Nacemento30 de outubro de 1924
 Kashgar
Falecemento11 de setembro de 2001
 Ürümqi
EtniaPobo uigur
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Turghun Almas (en uigur:تۇرغۇن ئالماس, en chinés simplificado: 吐尔洪•阿力马斯), nado en Kashgar o 30 de outubro de 1924 e finado en Urumqi o 11 de setembro de 2001 foi un escritor e historiador uigur.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou o estudos primarios na súa cidade natal e logo continuou en Yining para máis tarde estudar maxisterio en Urumqi. Traballou como profesor de ensino primario. Estivo na cadea entre xullo de 1947 e abril de 1949 polas súas actividades políticas. En 1950 converteuse en editor do xornal Azadliq. Turghun é sobre todo coñecido polo seu libro Uyghurlar publicado en 1990, o libro retirouse unha semana despois de porse á venda,[1], e queimáronse os exemplares restantes, non obstante seguiu a circular clandestinamente.[2] Na obra, escrita en resposta á visión sinocéntrica da historia oficial[3], dábase unha visión nacionalista da historia uigur e databa en 6000 anos a existencia do pobo uigur. Criticado polas autoridades chinesas polo seu apoio ao "nacionalismo étnico separatista" estivo en arresto domiciliario ata a súa morte. A súa poesía recolleuna nos volumes Tarım Şamalları e Tang săhăr (1982). “Pıçak” é a súa máis célebre peza teatral. Como historiador publicou tamén Hunlarning tarikhi (1986) e Qädimki uyġur ädäbiyati (1987)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Justin Jon Rudelson e Justin Ben-Adam Rudelson (1997) Oasis Identities: Uyghur Nationalism Along China's Silk Road Columbia University Press, p. 157
  2. Gardner Bovingdon (2010) The Uyghurs: Strangers in Their Own Land Columbia University Press, p. 117
  3. S. Frederick Starr (2025) Xinjiang: China's Muslim Borderland Routledge, p. 359-367