Tumble Leaf é unha serie de televisiónestadounidense que se estreou en 2014 en Amazon Prime Video. É unha animación de stop motion que trata das aventuras duns animais antropomórficos e baséase na curtametraxe Miro.[1] Foi creada polo animador Drew Hodges (Saturday Night Live, Community) e polo estudio Bix Pix Entertainment. Tumble Leaf está protagonizado polo raposo azul Fig e o seu amigo Stick (ámbalas dúas voces son de Christopher Downs), xunto con outros residentes da illa de Tumble Leaf, axudando aos nenos en idade preescolar a aprender leccións básicas de ciencias mediante exemplos lúdicos. Outros personaxes habituais inclúen Maple (Brooke Wolloff), Hedge (Zac McDowell), Pine (Addie Zintel), Ginkgo (Alex Trugman), Rutabaga (Jodi Downs), Zucchini (Alan Franzenburg) e Butternut & Squash (Emily Downs). Cada episodio consta de dúas historias de 11 minutos con Fig aprendendo a mecánica de varios elementos descubertos nunha sala especial a bordo do naufraxio abandonado onde reside.
O programa formou parte da primeira rolda de pilotos de televisión encargados por Amazon en 2013 para o seu servizo Amazon Prime Video, e foi escollido oficialmente para a súa primeira tempada de 13 episodios en maio.[2]