Tulsi Gabbard
Tulsi Gabbard, nada en Leloaloa, na Samoa Americana, o 12 de abril de 1981, é unha política estadounidense que exerce como congresita polo 2º distrito congresual de Hawai desde 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gabbard é membro do Partido Demócrata e foi vicepresidenta do Comité Nacional Demócrata até o 28 de febreiro de 2016, cando dimitiu para apoiar o senador Bernie Sanders nas primarias presidenciais demócratas de 2016.[1] Elixida en 2012, é a primeira congresista nada en Samoa e a primeira hindú no Congreso dos Estados Unidos.[2]
Tulsi Gabbard serviu como médico de campaña na Garda Nacional do Exército de Hawai nunha zona de combate en Iraq de 2004 a 2005[3] e posteriormente foi despregada en Kuwait.[4] Anteriormente, servira como membro da Cámara de Representantes de Hawai de 2002 a 2004.[5] Cando foi elixida para a Cámara de Representantes hawaiana aos 21 anos, foi a muller máis nova xamais elixida para unha lexislatura estatal dos Estados Unidos.[6] Apoia o dereito ao aborto,[7] Medicare for All,[8] oponse á alianza transpacífica do TPP,[9] quere restaurar a Lei Glass-Steagall,[10] e cambiou a súa postura para apoiar o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en 2012.[11] Gabbard manifestouse crítica con certos aspectos da política exterior estadounidense en Iraq, Libia e Siria.[12][13][14] Opúxose ao derrocamento do presidente sirio Bashar al-Assad.[15]
Tulsi Gabbard anunciou o 11 de xaneiro de 2018 a súa intención de concorrer como candidata nas primarias do Partido Demócrata para as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2020.[16] Lanzou oficialmente a súa campaña en febreiro de 2019, pero un ano despois, o 19 de marzo de 2020, suspendeu a súa candidatura e apoiou a Joe Biden, finalmente gañador desas primarias.[17]
En outubro de 2019, Hillary Clinton suxeriu que Tulsi Gabbard estaba a ser utilizada como “peón” por Rusia e insinuou que a candidata ecoloxista Jill Stein tamén tiña vínculos cos intereses do Kremlim de Moscova.[18] Estas declaracións foron interpretadas como unha acusación e provocaron unha resposta contundente por parte de Gabbard, que lle chamou en Twitter “a raíña dos belicistas… a personificación da podremia que enfermou ao Partido Demócrata” e presentou unha demanda por difamación, aínda que a abandonou en maio de 2020.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Congresswoman quits Democratic National Committee, endorses Bernie Sanders". Reuters (en inglés). 2016-02-28. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "HI; House". CNN.
- ↑ "Meet the Incoming Congressional Class Veterans". PBS News (en inglés). 2012-11-12. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "From Hawaii to the Hill - Washingtonian" (en inglés). 2014-05-29. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "Our Campaigns - HI State House 42 Race - Nov 05, 2002". www.ourcampaigns.com. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Hickey, Grace Wyler, Walt. "12 Fascinating People Who Are Heading To Congress Next Year". Business Insider (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "What does Tulsi Gabbard believe? Where the candidate stands on 7 issues". PBS News (en inglés). 2019-01-14. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "Medicare for All". Congresswoman Pramila Jayapal (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "Gabbard Comments Following TPP Finalized Agreement". Big Island Now (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "status X.com ; 831231561060253697". twitter.com. 2017-02-13.
- ↑ "Tulsi Gabbard apologizes for past anti-LGBT rhetoric". POLITICO. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Letman, Jon (2012-11-05). "The Cost of War: An Interview With Hawaii Congressional Candidate and Veteran Tulsi Gabbard". Truthout (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Chávez, Aída (2018-01-20). "Tulsi Gabbard Endorses "Very Limited Use of Drones" Against ISIS and Al Qaeda". The Intercept (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "Military Strike in Syria a Mistake". HuffPost (en inglés). 2013-09-10. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Francis, David (2025-06-25). "Situation Report Exclusive: Congresswoman Visits Damascus; Top U.S. General Briefs Trump; Obama offers clemency for Manning, Gen. Cartwright". Foreign Policy (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Kelly, Caroline (2019-01-11). "Tulsi Gabbard says she will run for president in 2020". CNN Politics (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Axios (2020-03-19). "Tulsi Gabbard suspends presidential campaign, endorses Biden". Axios (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
- ↑ "Clinton says Russia is backing Gabbard". POLITICO. 2019-10-21. Consultado o 2025-06-22.
- ↑ Greve, Joan E. (2019-10-18). "Hillary Clinton hints Russia is grooming Tulsi Gabbard as third-party candidate". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-06-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tulsi Gabbard |