Tubará é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Segundo os datos do censo de 2015, ten unha poboación de 11.027 habitantes.[1] Ten unha superficie de 176 quilómetros cadrados e unha temperatura media de 28°C. Está situado a 203 metros sobre o nivel do mar.[2] É un destino turístico, ecolóxico e arqueolóxico do departamento. A súa poboación é de ascendencia indíxena mokaná. O patrón é San Xosé, o 19 de marzo, que leva o nome de San Lois Beltrán. Tubará tamén celebra a festa deste último Santo, o 10 de outubro.