Tsuneko Okazaki
Nome orixinal | (ja) 岡崎恒子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de xuño de 1933 (91 anos) Nagoia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Universidade de Nagoia Aichi Prefectural Asahigaoka Senior High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía molecular |
Ocupación | bióloga , bióloga molecular , xenetista , profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Nagoia Fujita Health University (en) |
Premios
|
Tsuneko Okazaki, nada o 7 de xuño de 1933, é unha científica xaponesa, bióloga molecular, coñecida por descubrir e investigar en 1968, xunto co seu home Reiji Okazaki (1930-1975), uns fragmentos característicos de ADN que recibiron o nome de fragmentos de Okazaki en memoria dos descubridores.
Trátase de cadeas curtas de nucleótidos que se forman durante a duplicación do ADN na chamada "duplicación descontinua".
Biografía
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade de Nagoia (Xapón en 1956 e foi a primeira muller profesora nesta universidade, para pasar despois a exercer de profesora no Instituto Médico da Universidade Fujita.
No ano 2000 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia, premio que se concede anualmente a cinco científicas distinguidas, unha por cada continente.
En 2015, a Universidade de Nagoia creou o Premio Tsuneko e Reiji Okazaki en honor ó legado do matrimonio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en mujeresdeciencias.com Arquivado 12 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (consultado o 11.02.2017) (en castelán)
- Biografía en mujeresquehacenhistoria (consultado o 11.02.2017) (en castelán)
- Biografía (en xaponés)