Tsukasa Hōjō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tsukasa Hōjō
Tsukasa Hojo 20100702 Japan Expo 1.jpg
Nacemento5 de marzo de 1959
 Kokura
NacionalidadeXapón
Alma máterKyushu Sangyo University
OcupaciónMangaka e guionista
Coñecido/a porCat's Eye, City Hunter, Angel Heart (mangá) e F.COMPO
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Tsukasa Hōjō (北条 司, 5 de maio de 1959, Kitakyushu) é un mangaka xaponés

Estudou deseño técnico na Universidade Kyushu Sangyo, entrementres estaba estudando participou no Premio Tezuka de 1979 organizado pola revista Shōnen Jump quedando segundo coa historia スペース エンジェル (Anxo do espazo). En 1980 debutou como mangaka profesional coa banda deseñada "おれは男だ!" (Ore Wa Otoko Da!, Son un home!), publicado nun número especial de Shōnen Jump.

A súa primeira obra recoñecida foi "キャッツ♥アイ" (Kyattsu Ai, Ollo de gato) coñecida internacionalmente como Cat's Eye e que se publicou tamén na revista Shōnen Jump entre 1981 e 1985. Foi tamén a primeira obra de Hōjō en ser adaptada como serie anime, feito ocorrido en 1983.

Pero é "シティーハンタ" (Shitī Hantā) coñecida internacionalmente como City Hunter a obra que o fixo internacionalmente coñecido, serializada tamén na revista Shōnen Jump a partir de 1985 e que duraría ata 1991.