Tropo (música)
O tropo era unha altura musical usada na música grega. Baseábase na oitava media das voces, e conformaba o elemento principal da estrutura musical.
Na música medieval, denominábanse tropos ás ampliacións do canto litúrxico mediante textos breves, que terminaron dando orixe ó drama musical. A inclusión de textos silábicos (como no Aleluia) facilitaban a memorización da música. Pouco a pouco, os tropos foron desarrollándose e, a base de interpolacións, a melodía orixinal chegou a desaparecer (tropos de substitución).
Os tropos tiveron un papel relevante na historia musical e literaria, nun momento no que o canto gregoriano decaía. Estimulou a creación tanto na lírica relixiosa latina como nos trobadores ou nos cantares de xesta.
Podían ser de tres tipos:
- Textual: Engadir texto a unha melodía
- Melódico: Engadir melodía a un texto
- Melódico-textual: Engadir texto e melodía
O concilio de Trento suprimiu o seu uso.