Saltar ao contido

Trofeo Teresa Herrera 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTrofeo Teresa Herrera 2023
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorDeportivo da Coruña
Concello da Coruña Editar o valor en Wikidata
Parte deTrofeo Teresa Herrera Editar o valor en Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición78  (2023) Editar o valor en Wikidata
Competición
ÁrbitroDaniel Pastoriza Iglesias Editar o valor en Wikidata
Primeiro postoDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis goles marcadosIván BarberoDeportivo da Coruña (2) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores16.127 Editar o valor en Wikidata

2022 Editar o valor en Wikidata
2024 Editar o valor en Wikidata


O Trofeo Teresa Herrera de 2023 foi a 78ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 5 de agosto de 2023 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que logrou o seu 25º título ao derrotar por 4-0 ao Red Bull Bragantino II do Brasil.[1]

Participantes

[editar | editar a fonte]
Galicia Deportivo da Coruña Club anfitrión. 4º na Primeira División RFEF 2022/23
Red Bull Bragantino II 2º no Campionato Brasileiro Sub-23 de 2022 e 10º no Campionato Paulista Serie A3 de 2022

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Nos momentos previos ao partido foron homenaxeados os exfutbolistas brasileiros Bebeto e Mauro Silva, dous dos mellores xogadores da historia do Deportivo da Coruña e os únicos que gañaron a Copa do Mundo mentres militaban no club.[1] Mauro Silva xogara ademais dous anos e medio no Bragantino, antes de ser traspasado en 1992 ao Deportivo.[2] Gardouse ademais un minuto de silencio polo falecemento de Luis Suárez, antigo xogador e adestrador do equipo coruñés e único Balón de Ouro nacido na Península Ibérica.[3] Durante o partido rendéuselle tamén unha homenaxe ao capitán Álex Bergantiños, que vestiu por última vez a camiseta do Deportivo despois de 21 anos ao servizo do club. Ingresou ao campo como titular e foi substituído no minuto 21, acompañado polos seus fillos e sendo ovacionado por todo o estadio.[4][5]

Deportivo da Coruña 4–0 Red Bull Bragantino II 5 de agosto de 2023 – Riazor, A Coruña
Asistencia: 16.127
Árbitro: Galicia Pastoriza Iglesias
Barbero Anotado no 36º minuto 36' Anotado no 63º minuto 63'
Davo Anotado no 59º minuto 59'
José Ángel Anotado no 79º minuto 79' (p.)
Informe
Caetano Amoestado no minuto 78º 78'
Titulares:
España Parreño Sae aos 46 minutos 46'
España Paris Adot Sae aos 71 minutos 71'
España Jaime Sae aos 71 minutos 71'
Francia Pablo Martinez Sae aos 60 minutos 60'
España Balenziaga Sae aos 71 minutos 71'
Galicia Villares Sae aos 60 minutos 60'
Galicia Bergantiños Sae aos 21 minutos 21'
España Yeremay Sae aos 60 minutos 60'
España Davo Sae aos 71 minutos 71'
España Lucas Sae aos 71 minutos 71'
España Barbero Sae aos 71 minutos 71'
Substitucións:
España José Ángel Entra aos 21 minutos 21' Sae aos 82 minutos 82'
Galicia Mackay Entra aos 46 minutos 46'
España Isi Entra aos 60 minutos 60'
Galicia Barcia Entra aos 60 minutos 60'
España Narro Entra aos 60 minutos 60'
España Retu Entra aos 60 minutos 60'
España Somolinos Entra aos 71 minutos 71'
España Ochoa Entra aos 71 minutos 71'
España Kuki Zalazar Entra aos 71 minutos 71'
España Kevin Sánchez Entra aos 71 minutos 71'
Galicia Brais Val Entra aos 82 minutos 82'
Adestrador:
España Imanol Idiakez
Titulares:
Gustavo Reis Sae aos 46 minutos 46'
Jhonny Sae aos 80 minutos 80'
Kauan
Gustavo Henrique Sae aos 80 minutos 80'
Felipe Motta Sae aos 46 minutos 46'
Caetano Sae aos 80 minutos 80'
Wesley Sae aos 61 minutos 61'
Vitinho Sae aos 46 minutos 46'
Marcelinho Sae aos 46 minutos 46'
Yuri Sae aos 73 minutos 73'
Everton Sae aos 80 minutos 80'
Substitucións:
Fernando Costa Entra aos 46 minutos 46'
Douglas Entra aos 46 minutos 46'
Diogo Entra aos 46 minutos 46' Sae aos 89 minutos 89'
Vinicius Pereira Entra aos 46 minutos 46'
Chumbinho Santos Entra aos 61 minutos 61'
Mineiro Entra aos 73 minutos 73'
Vinicius Lago Entra aos 80 minutos 80'
Kauan Martins Entra aos 80 minutos 80'
Riquelme Entra aos 80 minutos 80'
Kauã Alves Entra aos 80 minutos 80'
Gabriel Moysés Entra aos 89 minutos 89'
Adestrador:
Pedro Caixinha
  1. 1,0 1,1 "O Teresa Herrera queda na Coruña por 25ª vez (4-0)". 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023. 
  2. "¡Vaya gangas!". El País (en castelán). 12 de marzo de 1995. Consultado o 6 de agosto de 2023. 
  3. "Así fue el minuto a minuto del Teresa Herrera: RC Deportivo-Bragantino". DxT Campeón (en castelán). 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023. 
  4. "El Depor honra a Bebeto y Mauro con su 25º Teresa Herrera". As (en castelán). 6 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023. 
  5. "La despedida de Álex Bergantiños del Deportivo en Riazor: entre lágrimas y con beso final al césped" (en castelán). 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]