Trocoide
| Trocoide | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||



Trocoide, en xeometría analítica, é unha curva do plano, determinada por un punto fixo asociado a unha circunferencia chamada xeneratriz, que xira, sen escorregar, sobre unha recta que recibe o nome de directriz.
A palabra provén da raíz grega trokos (roda), un termo proposto polo matemático Roberval (1602-1675).
Ao xerarse a curva trocoide, o centro da circunferencia desprázase paralelamente á recta directriz.
As ecuacións paramétricas da trocoide, cando a recta directriz é o eixo X, son as seguintes:
é o punto que vai xerando a curva, é o ángulo que describe a circunferencia de raio a, e a distancia do centro da circunferencia ao punto é b.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Dependendo de onde se acha respecto da circunferencia xeneratriz, chámase:
- cicloide acurtada, se se atopa no interior da circunferencia xeneratriz, ,
- cicloide común, cando pertence á circunferencia generatriz, ,
- cicloide alongada, no caso de que estea no exterior da circunferencia xeneratriz, .
Exemplos
[editar | editar a fonte]Unha trocoide acurtada pode ser descrita polo movemento do pedal dunha bicicleta (respecto do chan).
As partículas de auga das ondas, describen un movemento trocoidal respecto do fondo de mar .
Curvas cíclicas =
[editar | editar a fonte]| A directriz é unha recta | ||||
| d = r | d < r | d > r | ||
| cicloide | trocoide | |||
| cicloide normal | cicloide acurtada | cicloide alongada | ||
| A directriz é unha circunferencia | |||
| d = r | d < r | d > r | |
| A xeneratriz é exterior á directriz | epicicloide | epitrocoide | |
| epicicloide normal | epicicloide acurtada | epicicloide alongada | |
| A xeneratriz é interior á directriz | hipocicloide | hipotrocoide | |
| hipocicloide normal | hipocicloide acurtada | hipocicloide alongada | |
| A directriz é interior á xeneratriz | pericicloide | peritrocoide | |
| pericicloide normal | pericicloide acurtada | pericicloide alongada | |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Cicloide
- Epitrocoide
- Hipotrocoide
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ferréol, Robert; Mandonnet, Jacques. «trochoid». Encyclopédie des formes mathématiques remarquables (en francés).