Saltar ao contido

Trixeración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Trixeneración é un procedemento similar á coxeración no que se consegue frío, ademais de enerxía eléctrica e calor, típicos da coxeración, todo a partir dun mesmo combustible ou unha mesma fonte de enerxía primaria.

A aparición dos sistemas de trigeneración ten a súa orixe na chamada xeración distribuída ou descentralizada, que consiste en localizar o sistema de xeración no mesmo lugar onde se atopan os usuarios finais, ou moi preto deles.

A forma tradicional de obter estes produtos enerxéticos é por separado: consumir a electricidade da rede, producir a calor mediante caldeiras de combustible fósil e o frío a partir de ciclos de refrixeración por compresión, que consomen enerxía eléctrica. Os sistemas de trigeneración e coxeración posúen certas vantaxes económicas e ambientais respecto a forma convencional de xeración, entre elas un maior rendemento térmico global, que permite o aforro de enerxía primaria e a redución de emisións.

A combinación da coxeración coa absorción dá lugar á trixeración. A absorción é un proceso polo que se pode obter frío a partir dunha fonte de calor.

A calor residual que se obtén é a suma da producida pola xeración de electricidade, máis o subtraído do proceso de refrixeración. Co que se consegue máis cantidade de calor malia a menor temperatura, coa desvantaxe de que as posíbeis aplicacións desta calor poden verse reducidas.

Na época estival, a demanda de calor baixa considerabelmente, polo que a calor producida nos equipos de coxeración pódese aproveitar para "xerar" frío para o aire acondicionado necesario nesta época. Deste xeito conséguese a partir dunha única enerxía primaria (gas natural) tres tipos de enerxía, xunto cun importante aforro económico e unha boa alternativa para o medio ambiente (Porén estamos a mellorar a eficiencia global do proceso comparándoa coa dos procesos por separado).