Triticum durum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Triticum turgidum»)

O trigo duro, trigo molar ou trigo inchado (Triticum durum ou Triticum turgidum) é unha especie común de cereal do xénero Triticum que pertence aos trigos tetraploides por mor á súa conformación de 28 cromosomas.

É unha das especies de trigo con máis alto valor nutritivo, xa que ten un alto contido en glute e está conformado dun 12 a 14% de proteína. É unha especie moi resistente á seca e ás doenzas, malia render menos ca outras especies de trigo.

Emprégase principalmente na elaboración de macarróns, espaguetes e outras pastas así como da sémola do cuscús.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]