Tristana Moraleja
Tristana Moraleja | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de agosto de 1971 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Alcalá |
Ocupación | política |
Na rede | |
http://tristanamoraleja.com/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tristana María Moraleja Gómez, nada en 1971 en Lugo, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Económicas pola Universidade de Alcalá, ten un mestrado en Administración financeira tributaria pola Universidade da Coruña. Comezou a traballar na Xunta de Galicia en 1999, onde ocupou postos relevantes nas consellerías de Familia, Economía e Facenda, Asuntos Sociais, Política Territorial ou Traballo. En 2000 pasou a traballar no departamento económico-financeiro do Porto da Coruña, ata que en 2003 aprobou as oposicións do grupo A e volveu á administración autonómica. En 2009 foi designada xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña. En 2011 presentouse ás eleccións locais no concello de Oleiros en postos do remate da lista, e uns meses máis tarde foi escollida nos postos de saída da lista do Partido Popular nas Eleccións ao Congreso dos Deputados, por onde resultou elixida.
Foi candidata á alcaldía de Oleiros nas eleccións municipais de 2015.[1] Repetiu nas listas do PP ao Congreso pola Coruña, de número 2, nas Eleccións xerais de abril e nas de novembro de 2019.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Vive en Perillo, Oleiros.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "´Oleiros Go!´ con Tristana Moraleja". La Opinión A Coruña (en castelán). 23/4/2015.
- ↑ Foto de Tristana Moraleja votando, Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. perfil de Facebook, 20/11/2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tristana Moraleja ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Nados en Lugo
- Nados en 1971
- Alumnos da Universidade de Alcalá
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)