Tristán (nome)
Aparencia
| Tristán | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Tristán[1] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés e co castelán. A súa orixe é un nome literario, derivado da lenda céltica de Tristán e Iseu, que forma parte do ciclo do rei Artur. Difundiuse a través do francés antigo.[1]
En xaneiro de 2023 existían 154 varóns en Galicia co nome Tristán, cunha media de idade de 11,6 anos.[2]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]En Galicia, este nome tivo certa presenza entre os membros da nobreza ata finais do século XV, como Tristán de Montenegro. Logo do sínodo de Ourense de 1544 o seu uso foi esmorecendo xa que se favorecía o bautismo de nomes de santos.[1]
O nome popularizouse de novo logo da estrea da ópera Tristan und Isolde (1859) do alemán Richard Wagner.
Tristán noutras linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Tristán". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Tristán na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tristán |