Tripla Alianza (1668)
Aparencia
A Tripla Alianza de 1668 foi unha coalición formada por Inglaterra, Suecia e as Provincias Unidas dos Países Baixos para deter a expansión francesa baixo o reinado de Lois XIV que se estaba producindo na Guerra de Devolución.
A alianza nunca chegou a combater con armas a Francia, posto que a súa formación foi unha ameaza suficiente para que Lois XIV detivese o seu ataque e asinase o tratado de Aquisgrán.
A Tripla Alianza foi concertada o 23 de xaneiro de 1668 na Haia.