Trionyx triunguis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Trionyx triunguis
Trionyx triunguis Zoo Rostock 15-08-2008 083.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Familia: Trionychidae
Xénero: Trionyx
Especie: T. triunguis
Nome binomial
Trionyx triunguis
(Forskål, 1775)[1]
Sinonimia
  • Testudo triunguis Forskål, 1775
  • Trionyx egyptiacus Geoffroy Saint-Hilaire, 1809
  • Trionyx niloticus Gray, 1831
  • Trionyx labiatus Fitzinger, 1835
  • Trionyx mortoni Hallowell, 1844
  • Aspidonectes aspilus Cope, 1860
  • Fordia africana Gray, 1869
  • Trionyx triunguis rudolfianus Deraniyagala, 1948

O Trionyx triunguis é unha especie grande de tartaruga da familia Trionychidae, ou tartarugas de cuncha branda. É a única especie viva do xénero Trionyx.

Descrición[editar | editar a fonte]

Na familia Trionychidae, a tartaruga de cuncha branda africana é unha das especies consideradas meirandes. Documéntanse exemplares desta especie que acadaron os 95 cm de lonxitude na cuncha. A cuncha dos adultos é de cor castaña, relativamente cha e de forma ovalada. Como as outras tartarugas da súa familia, esta tartaruga ten a cuncha cuberta por pel no canto de placas córneas. As femias adoitan chegar ós 50 a 80 cm na cuncha, cun peso máximo duns 40 kg. Os machos son máis cativos que as femias, cun peso por termo medio duns 25 kg. A cola dos machos é tamén máis longa e robusta que a das femias. Mantense na auga a maior parte do tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rhodin, Anders G. J.; Peter Paul van Dijk, John B. Inverson & Bradley H. Shaffer (14 de decembro de 2010). "Turtles of the World 2010 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). p. 000.128. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]