Trinquet del Genovés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Trinquet del Genovés é o trinquet na vila do Genovés, anexo ao Museu da Pelota valenciana. Pasou á historia deste deporte non só por ser berce de numerosos pilotaris (as sagas dos Genovés, Sarasol, Pigat etc...), senón que ademais foi innovador nas retransmisións televisivas debido a unhas radicais reformas.

A Cancha[editar | editar a fonte]

O trinquet do Genovés é dos máis curtos, con só 52,2 m de lonxitude, por 9,5 m de ancho. As medidas reducíronse en 2 m por mor da remodelación feita no 2008, en que se substituíron as paredes dos frontóns por cristais blindados e deixouse atrás espazo para as cámaras de televisión.

É un trinquet cuberto, con galerías no dau (onde hai un marcador electrónico), no rest e sobre a muralla da escaleira. Así mesmo, a llotgeta de alto é máis pronunciada que a llotgeta de abaixo, mais o suficientemente elevada, de xeito que non dificula a caiguda d'escala (caída da escaleira).

Ten capacidade para 1.000 espectadores, repartidos entre a escala, as llotgetes de alto e de baixo, e as galerías do dau, do rest e da muralla do dau.

Retransmisións televisivas[editar | editar a fonte]

O 4 de xullo de 2008, Punt 2 vai retransmitir a primeira partida en directo trala remodelación, correspondente á segunda final da Copa Diputació de 2008, que presentaba coma novidade unha serie de reformas que buscaban mellorar a visibilidade das xogadas por televisión, así como pasar das catro cámaras habituais ás nove, algunhas delas en novas localizacións. Por un custo de arredor de 120.000 esta remodelación incluíu:

  • Nova pintura, azul, nas paredes.
  • Substitución das paredes dos frontóns e a escaleira do trinquet por cristais blindados, para colocar detrás cámaras que ofrecen novos ángulos.
  • Nova iluminación para igualar a luz por todas partes e contrastar mellor as paredes e a pelota. As paredes azuis, porén, causan que a visibilidade sexa peor nas horas do día, de forma que fai falta empregar luz artificial sempre. Así mesmo, o foco aumenta a temperatura do trinquet até os 39 °C .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]