Trimastix
Trimastix | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Trimastix marina Kent 1880 | |||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Trimastix é un xénero de protista Excavata e único membro da orde Trimastigida e da familia Trimastigidae.[1] Os Trimastix son bacterívoros, de vida libre e anaerobios. Foron observados primeiramente en 1881 por William Kent.[2] Coñécense poucas especies, e o papel deste xénero no ecosistema non se coñece ben. Porén, sábese que xeralmente viven en ambientes mariños dentro dos tecidos de organismos en descomposición para manterse nun ambiente anóxico.[3] Gran parte do interese que ten este organismos débese á súa estreita asociación con outros membros de Preaxostyla. Estes organismos non teñen mitocondrias clásicas, e gran parte das investigacións que se fan sobre eles son para estudar a evolución das mitocondrias.[4]
Un flaxelado de auga doce de morfoloxía similar que adoitaba incluírse nese xénero co nome Trimastix pyriformis,[5] foi movido ao xénero Paratrimastix en 2015.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- Orde Trimastigida Cavalier-Smith 2003
- Familia Trimastigidae Saville Kent 1880
- Xénero Trimastix Saville Kent 1880
- Especies T. cionae (Parona Corrado 1886) Grassé 1952 [Elvirea cionae Parona Corrado 1886]
- Especie T. elaverinus Dumas 1930
- Especie T. inaequalis Bernard, Simpson & Patterson 2000
- Especie T. marina Kent 1880
- Xénero Trimastix Saville Kent 1880
- Familia Trimastigidae Saville Kent 1880
Historia do descubrimento
[editar | editar a fonte]Trimastix foi descrito por primeira vez por William Kent en 1881 cando observou unha célula de Trimastix nunha mostra obtida de algas Fucus en descomposición. Describiu o xénero naquel momento como un animálculo espido nadador libre que era oval ou piriforme, cun bordo membranoso e tres flaxelos inseridos no extremo anterior. Kent observou un flaxelo dirixido cara a adiante e outros dous dirixidos cara a atrás.[2] Tamén se indica no seu informe que Trimastix tiña un núcleo visualmente aparente e un vacúolo contráctil pero a abertura oral non era visible.[2] Kent determinou que Trimastix era un xénero distinto de Dallingeria, malia as semellanzas entre ambos, debido ao bordo lateral que observou non estaba presente en Dallingeria.[2]
Posteriormente determinouse que o bordo lateral ao que se referira Kent era de feito a abertura oral de Trimastix, o cal contiña un cuarto flaxelo.[3] Hoxe, a mofoloxía de Trimastix compréndese mellor, incluíndo detalles non observados inicialmente por Kent, como que Trimastix carecia de mitocondrias convencionais.[7] A investigación actual sobre esas peculiares mitocondrias indica que, a pesar de non haber probas de que o orgánulo pode producir ATP, hai certas funcións mitocondriais que parece que se mantiveron.[8]
Hábitat e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Trimastix só pode sobrevivir en hábitats anaerobios, pero a diferenza de moitos organismos anaerobios sen mitocondrias típicas, os Trimastix non son parasitos. Trimastix vive de consumir bacterias a través do seu suco ventral.[3] Para manteren un ambiente anóxico sen parasitismo ou endosimbiose, os Trimastix atópanse moi a miúdo dentro de tecidos de vexetación mariña morta ou en descomposición.[3]
Morfoloxía e ultraestrutura
[editar | editar a fonte]As células de Trimastix son oblongas anchas pola parte anterior e vanse facendo máis apuntadas pola parte posterior.[3] Trimastix ten 20 μm de longo e 8 μm de largo.[3] Unha cinétida de catro flaxelos está localizada no extremo anterior dunha célula cun dos flaxelos orientados cara á parte anterior, dous flaxelos orientados cara á parte posterior, e o cuarto flaxelo situado dentro do suco oral na parte ventral.[7] Trimastix ten un núcleo celular piriforme anterior que contén un gran nucléolo.[3]
As especies de Trimastix non teñen as típicas mitocondrias aerobias, senón só restos dunha mitocondria ancestral en forma de orgánulos similares a hidroxenosomas ou mitosomas.[8] Non hai probas que indiquen que este orgánulo produce ATP. O orgánulo aínda parece ser a diana de proteínas que interveñen no metabolismo de aminoácidos, o transporte e maduración de proteínas e o transporte de metabolitos,[8] así que probablemente conservan algunhas das funcións mitocondriais relacionadas con esea áreas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cavalier-Smith T (novembro de 2003). "The excavate protozoan phyla Metamonada Grassé emend. (Anaeromonadea, Parabasalia, Carpediemonas, Eopharyngia) and Loukozoa emend. (Jakobea, Malawimonas): their evolutionary affinities and new higher taxa". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 53 (Pt 6): 1741–58. PMID 14657102. doi:10.1099/ijs.0.02548-0.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Kent, W. S. (1881). A manual of the infusoria: including a description of all known flagellate, ciliate, and tentaculiferous protozoa, British and foreign, and an account of the organization and affinities of the sponges (Vol. 1). David Bogue, Londres, Inglaterra.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Brugerolle, G., & Patterson, D. (1997). Ultrastructure of Trimastix convexa Hollande, an amitochondriate anaerobic flagellate with a previously undescribed organization. European Journal of Protistology, 33(2), 121-130.
- ↑ Alastair Simpson; Vladimir Hampl. "Tree of Life: Trimastix". Tree of Life. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ Hampl V, Silberman JD, Stechmann A, Diaz-Triviño S, Johnson PJ, Roger AJ (2008). Redfield R, ed. "Genetic evidence for a mitochondriate ancestry in the 'amitochondriate' flagellate Trimastix pyriformis". PLOS ONE 3 (1): e1383. Bibcode:2008PLoSO...3.1383H. PMC 2148110. PMID 18167542. doi:10.1371/journal.pone.0001383.
- ↑ Zhang, Qianqian; Táborský, Petr; Silberman, Jeffrey D.; Pánek, Tomáš; Čepička, Ivan; Simpson, Alastair G.B. (setembro de 2015). "Marine Isolates of Trimastix marina Form a Plesiomorphic Deep-branching Lineage within Preaxostyla, Separate from Other Known Trimastigids (Paratrimastix n. gen.)". Protist 166 (4): 468–491. ISSN 1434-4610. PMID 26312987. doi:10.1016/j.protis.2015.07.003.
- ↑ 7,0 7,1 Simpson, Alastair G.B.; Bernard, Catherine; Patterson, David J. (setembro de 2000). "The ultrastructure of Trimastix marina Kent 1880 (Eukaryota), an excavate flagellate". European Journal of Protistology 36 (3): 229–251. ISSN 0932-4739. doi:10.1016/s0932-4739(00)80001-2.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Novák, Lukáš V. F.; Treitli, Sebastian C.; Pyrih, Jan; Hałakuc, Paweł; Pipaliya, Shweta V.; Vacek, Vojtěch; Brzoň, Ondřej; Soukal, Petr; Eme, Laura; Dacks, Joel B.; Karnkowska, Anna; Eliáš, Marek; Hampl, Vladimír (2023-12-07). "Genomics of Preaxostyla Flagellates Illuminates the Path Towards the Loss of Mitochondria". PLOS Genetics (en inglés) 19 (12): e1011050. ISSN 1553-7404. PMC 10703272. PMID 38060519
|pmid=
incorrecto (Axuda). doi:10.1371/journal.pgen.1011050.