Trilladeira pataqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trilladeira pataqueira
Feldmaus Microtus arvalis.jpg
Estado de conservación
Status iucn2.3 LC gl.svg
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Superfamilia: Muroidea
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Microtus
Subxénero: 'Microtus (Microtus)'
Especie: M. arvalis
Nome binomial
'Microtus (Microtus) arvalis'
(Pallas, 1778)
Mapa Microtus arvalis.png

Sinonimia
  • albus, Bechstein, 1801
  • arvensis, Schinz, 1840
  • angularis, Miller, 1908
  • assimilis, Rörig e Börner, 1905
  • assimilis, Miller, 1912.
  • asturianus, Miller, 1911
  • ater, de Sélys longchamps, 1845
  • brevirostris, Ognev, 1924
  • calypsus, Montagu, 1923
  • campestris, Blasius, 1853
  • caucasicus, Saturnin, 1896
  • cimbricus, Stein, 1931
  • contigua, Röring e Börner, 1905
  • corneri, Hinton, 1910
  • cunicularius, Ray, 1847
  • depressa, Miller, 1912
  • duplicatus, Röring e Börder, 1905
  • duplicatus, Miller, 1912
  • flava, Fatio, 1905
  • fulva, Fatio, 1869
  • fulvus, Geoffroy, 1803
  • fulvus, Miller, 1912
  • galliardi, Fatio, 1905
  • ghalgai, Krassovsky, 1929
  • grandis, Martino e Martino, 1948
  • gudauricus, Ognev, 1929
  • hawelkae, Bolkay, 1925
  • heptneri, Hamar, 1963
  • hyrcania, Goodwin, 1940
  • igmanensis, Bolkay, 1919
  • incertus, de Sélys Longchamps, 1841
  • incognitus, Stein, 1931
  • iphigeniae, Heptner, 1946
  • khorkoutensis, Goodwin, 1940
  • macrocranius, Ognev, 1924
  • meldensis, Delost, 1955
  • meridianus, Miller, 1908
  • mystacinus, de Filipi, 1865
  • obscurus, Eversmann, 1841
  • orcadensis, Millais, 1904
  • oyaensis, Heim de Balsac, 1940
  • principalis, Rörig e Börig, 1905
  • principalis, Miller, 1912
  • rhodopensis, Heinrich, 1936
  • ronaldshaiensis, Hinton, 1913
  • rousiensis, Hinton, 1913
  • rufescentefuscus, Schinz, 1845
  • ruthenus, Ognev, 1950
  • sandayensis, Millais, 1905
  • sarnius, Miller, 1909
  • simplex, Rörig e Börig, 1905
  • terrestris, Schank, 1798
  • transcaucasicus, Ognev, 1924
  • transuralensis, Serebrennikov, 1929
  • variabilis, Miller, 1912
  • vulgaris, Desmarest, 1822
  • westrae, Miller, 1908

A trilladeira pataqueira (Microtus arvalis) é unha especie de roedor da familia Cricetidae amplamente distribuído por Europa e algunhas zonas de Asia.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un pequeno roedor, de 8–13 cm de lonxitude, dos que un cuarto corresponde a unha curta cola. De constitución masiva, con orellas curtas, nada sobresaíntes e cabeza ancha. A cor dorsal é parda-amarelada, e a ventral branca-cinsenta; os exemplares novos son grises e non hai dimorfismo sexual en canto a cor e porte. É moi semellante ao Microtus agrestis, do que se distingue con dificultade.

Hábitat e xeito de vida[editar | editar a fonte]

Trátase dun herbívoro estrito, de hábitos diúrnos, que se alimenta preferentemente de dicotiledóneas. Pode ser praga dos cultivos, sobre todo dos de regadío.

Fai o seu niño nunha cavidade esférica subterránea, a 30–50 cm de profundidade, que comunica co exterior por varias galerías. Na superficie percorre sempre as mesmas rutas, dando lugar a sendeiros recoñecibles entre a vexetación.

Reprodución e cría[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie polixínica, na que cada macho fecunda un certo número de femias. Cada femia está dotada de catro pares de mamas, e pare cada vez entre 2 e 11 crías, despois dunha xestación de 21 a 22 días. No val do Douro, as condicións climáticas permiten que a reprodución se dea durante todo o ano, mais non é así nos Pireneos ou Europa Central. As femias acadan a madurez sexual nun só mes, os machos en dous.

Demografía[editar | editar a fonte]

A mortaldade nas primeiras fases da vida é moi elevada, pero cando as circunstancias son favorables, con poucos depredadores e moito alimento, a elevada taxa de natalidade facilita que se produzan explosións demográficas. O rápido crecemento e maduración permiten que se sucedan varias xeracións nun mesmo ano.

Distribución[editar | editar a fonte]

A subespecie típica, M. arvalis arvalis, esténdese desde Rusia Central, a través de Europa Central, até a costa atlántica de Francia. Alcanza a Península Ibérica, encontrándose nos Pireneos Occidentais e Centrais. Está ausente nas Illas Británicas, nas rexións setentrionais e na Europa Mediterránea. A subespecie ibérica, M. arvalis asturianus, de tamaño algo maior, estendíase polas montañas que rodean o val do Douro, pero desde 1980 a súa área expandiuse ás terras baixas e polo Sistema Ibérico.

Pragas[editar | editar a fonte]

As poboacións do Douro presentan desde hai 20 anos ciclos demográficos coñecidos semellantes a outras especies da subfamilia dos arvicolinos, con oscilacións periódicas tipicamente de tres ou catro anos. En condicións normais, a densidade típica é de 5-10 individuos por hectárea, pero nos máximos pode superar amplamente os 200 individuos/ha. Na fase normal os machos son moi territoriais; durante as fases de explosión demográfica a organización social debilítase. O hábitat normal son as manchas de vexetación natural herbácea ou de matogueira, pero cando crece a densidade esténdese practicamente a todos os ambientes, dentro da súa área de distribución.

Poden trasmitir enfermidades ao ser humano como a tularemia, tanto por contacto directo como por po que tocaron.

En 2007 os campos de Castela e León (España) víronse seriamente prexudicados por este pequeno roedor. No val do Douro e nas montañas circundantes existe unha subespecie propia, algo maior que a típica, e calcúlase que en agosto de 2007 o número de exemplares era de 750 millóns, ocupando unha extensión de 2 millóns de hectáreas.

Galería[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Amori, G., Hutterer, R., Kryštufek, B., Yigit, N., Mitsain, G. & Palomo, L.J. (2008). "Microtus arvalis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 11 de febreiro de 2011. 
  • González-Esteban, J. & Villate, I. () "Microtus arvalis (Pallas, 1778). Topillo campesino" en Atlas de mamíferos terrestres, Inventario Nacional de Biodiversidad. Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]