Trikala B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trikala Aries B.C.»)
Trikala Aries
Información xeral
Nome Trikala K.A.E.
Liga A2 Ethniki
Alcume Sakafliades
Fundación 1986
Historia Aeolus Trikalon B.C. (1993–2012)
Cores                Vermello, azul, branco
Presidente Grecia Vangelis Fridas
Adestrador Grecia Fotis Takianos
Patrocinador Aries
Localización
Cidade Grecia Trikala, Grecia
Pavillón Pavillón Municipal de Trikala
Capacidade 2.500
rethymnobc.gr

O Trikala Basketball Club (en grego: Τρίκαλα K.A.E.), coñecido por motivos de patrocinio como Trikala Aries, é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Trikala, Grecia. O Rethymo Fundado no ano 1986, o club compite actualmente na segunda categoría do baloncesto grego, a A2 Ethniki. Antes do ano 2012, o equipo era coñecido como Aeolus Trikalon (Αίολος Τρικάλων). O Trikala Aries xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Trikala, recinto con capacidade para 2.500 espectadores. Non se debe confudir o club co Trikala 2000, equipo da mesma cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

O Trikala Basketball Club foi fundado no ano 1993 co nome de Aeolus Trikalon Basketball Club. Durante a temporada 2010–11 o equipo chega á B Ethniki, terceira categoría do blaoncesto heleno, tras finalizar en primeira posición na cuarta categoría. No ano 2012 o club muda o seu nome a Trikala Basketball Club, abreviado as Trikala B.C., xonseguindo ademais durante a temporada 2012–13 xogar por primeira veaz na segunda categoría do país, a A2 Ethniki.[1] Ano seguinte, a compañía de calefacción e enerxía eléctrica Aries converteuse no principal patrocinador do club. Na temporada 2012−13 o club consegue o ascenso á A1 Ethniki, a máxima categría do baloncesto grego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]