Trichoglottis atropurpurea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trichoglottis atropurpurea
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Monocots
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Epidendroideae
Tribo: Vandeae
Subtribo: Aeridinae
Alianza: Trichoglottis
Xénero: ''Trichoglottis''
Especie: T. atropurpurea
Nome binomial
'Trichoglottis atropurpurea'
Rchb.f.

Trichoglottis atropurpurea é unha especie de orquídea orixinaria de Asia.

Inflorescencia
Flores

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta de pequena a grande que prefire o clima cálido, de hábito epífito cun talo alongado, con ramas, con raíces brancas producidas ao longo do frondoso talo erecto, cara ao ápice do talo ten follas coriáceas dísticas, oblongas a oblongo ovadas, retusas, mucronadas, carenadas. Florece nunha curta inflorescencia axilar, racemosa con 1 ou 2 flores fragrantes e carnosas que aparecen na primavera e verán.[1]

A planta ten o mesmo aspecto que T. philippinensis excepto na intensa cor escura das flores e lixeiras variacións no perianto.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Encóntrase en Filipinas en elevacións desde o nivel do mar ata os 300 metros.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Trichoglottis atropurpurea foi descrita por Heinrich Gustav Reichenbach e publicada en Linnaea 41: 30. 1877.[3]

Etimoloxía

Trichoglottis, (abreviado Trgl.): nome xenérico que deriva das palabras gregas: θρίξ = "pelos" e γλῶττα = "lingua".

atropurpurea: epíteto latino que significa "de cor púrpura escura".[4]

Sinonimia
  • Stauropsis philippinensis var. brachiata (Ames) Ames & Quisumb.
  • Trichoglottis bicruris Kraenzl.
  • Trichoglottis brachiata Ames
  • Trichoglottis philippinensis var. brachiata (Ames) L.O.Williams[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jay Pfahl. "Trichoglottis atropurpurea". Internet Orchid Species Photo Encyclopedia (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  2. Ames, Oakes (5 de abril de 1922). The Merry Mount Press, ed. Orchidaceae: illustrations and studies of the family Orchidaceae (7 ed.). Ames Botanical Laboratory, North Easton, Massachusetts. p. 136. Consultado o 10 de decembro de 2016. 
  3. "Trichoglottis atropurpurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  4. "En orchidstudium". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  5. Trichoglottis atropurpurea en PlantList
  6. "Trichoglottis atropurpurea". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 18 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]