Triana Côrte-Real de Oliveira
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1978 ![]() Dili, Timor Leste ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutora ![]() |
Triana do Rosário Côrte-Real de Oliveira, nada en Dili o 7 de xuño de 1978, é unha tradutora de Timor Leste.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Triana Côrte-Real de Oliveira traballou como intérprete de Médicos sen Fronteiras en Viqueque, Asistente Administrativa do Despacho de Axuda Humanitaria da Comisión Europea (ECHO) en Dili, e Asistente Executiva da Administración da ONG Care Internacional. Traduciu ao tetum dous libros para a súa publicación pola ONG Timor Aid, Bere Barani – Istória ba labarik sira ne’ebé traumatizadu no laran-susar de Caroline H. Sheppard (do inglés), e Sasin-Matan, de Seno Gumira Ajidarma (do indonés). Colaborou con João Paulo Esperanza na tradución ao tetum d' O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. É coautora d' O que é a Lusofonia. Xente, culturas, terras/Saída maka luzofonia. Ema, kultura, rain (2005), libro bilingüe en tetum e portugués. Actualmente está a estudar Medicina na Universidade Gadjah Mada en Joguejacarta, na Indonesia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triana Côrte-Real de Oliveira ![]() |