Travemünde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Buque Passat en Travemünde.

Travemünde é unha pequena vila situada na desembocadura do río Trave ao Mar Báltico, a 13 km escasos de Lübeck. Porén, é o maior porto xermano de transbordadores do Báltico, con conexións a Suecia, Finlandia, Estonia e Letonia.

Historia[editar | editar a fonte]

Praia de Travemünde.

A historia de Travemünde está fortemente ligada a Lübeck desde os seus inicios, xa que no século XIII a capital da Liga Hanseática comprou a pequena vila para construír un importante porto comercial, que segue operativo hoxe en día.[1]

Travemünde xurdiu a partir dunha praza forte fundada por Henrique, o León, Duque de Saxonia, no século XII, para gardar a foz do Trave, e os daneses reforzárona posteriormente.

Fíxose vila en 1317 e, en 1329 pasou a ser unha posesión da cidade libre de Lübeck,[2] á cal pertence desde entón. As súas fortificacións foron demolidas en 1807.

Travemünde é unha antiga estanción balnearia (desde 1802) e o maior porto de ferris de Alemaña no mar Báltico. O faro data de 1539, e é o máis antigo da costa báltica alemá. Outra atracción de Travemünde é o navío Passat, un barco-museo ancorado na foz do Trave.

Na literatura[editar | editar a fonte]

O balneario do século XIX foi evocado por Thomas Mann na súa obra Buddenbrooks. Na parte II / 5-12 nárranse as vacacións de Antonie Buddenbrook e, na Parte X / 3, un verán do pequeno Hanno. Travemünde é retratada por Mann como un lugar de liberdade, felicidade e, no caso de Antonie, amor. Tamén o escritor sueco Hjalmar Söderberg menciona esta "pintoresca vila" na súa obra Den allvarsamma leken.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Travemunde - Viajesaldia". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  2. Ab nach Travemünde. In: Hamburger Abendblatt vom 17. Juli 2010, Magazin S. II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Thorsten Albrecht: Travemünde (Kleine Hefte zur Stadtgeschichte, hrsg. vom Archiv der Hansestadt Lübeck, Heft 19). Lübeck 2005, ISBN 3795031184

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]