Travellers and Magicians

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Travellers and Magicians
Ficha técnica
Título orixinalཆང་ཧུབ་ཐེངས་གཅིག་གི་འཁྲུལ་སྣང
DirectorKhyentse Norbu
ProdutorRaymond Steiner
Malcolm Watson
GuiónKhyentse Norbu
IntérpretesNeten Chokling
Tshewang Dendup
Lhakpa Dorji
Sonam Kinga
Sonam Lhamo
Deki Yangzom
FotografíaAlan Kozlowski
MontaxeJohn Scott
Lisa-Anne Morris
DistribuidoraZeitgeist Films
Estrea2003
Duración108 minutos
OrixeFlag of Bhutan.svg Bután

Travellers and Magicians (en dzongkha: ཆང་ཧུབ་ཐེངས་གཅིག་གི་འཁྲུལ་སྣང) é un filme butanés escrito e dirixido polo lama budista Khyentse Norbu, tamén coñecido como Dzongsar Jamyang Khyentse Rinpoche. O filme é a primeira longametraxe rodada e producida completamente no Reino de Bután, e está en lingua dzongkha. A maioría dos actores non eran profesionais, agás Tshewang Dendup, un coñecido actor de radio e produtor butanés. É un dos primeiros filmes en amosar unha perspectiva budista do Himalaia.

Argumento[editar | editar a fonte]

Un mozo oficial do goberno de Bután chamado Dondup (interpretado por Tshewang Dendup) que está obsesionado cos Estados Unidos (xa que ten mesmo un gho denim) soña con fuxir da súa fermosa pero illada vila. A súa esperanza é obter unha visa na embaixada dos Estados Unidos e así poder saír do país. Porén, perde o autobús que o levaba á capital, Thimphu, e vese obrigado a facer autostop acompañado por un vendedor de mazás, un monxe budista cun dramyin, un bébedo, un fabricante de papel de arroz e a súa filla Sonam (interpretada por Sonam Lhamo). Para pasalo tempo, o monxe conta a historia de Tashi, un mozo de granxa que, ó igual que Dondup, soña con escapar da súa vila para ir na procura de mulleres fermosas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]