Traveling Wilburys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

The Traveling Wilburys foi un supergrupo de música formado por George Harrison, Jeff Lynne, Roy Orbison, Bob Dylan e Tom Petty.

O termo "Wilbury" foi un termo familiar utilizado por George Harrison e Jeff Lynne durante a gravación do álbum Cloud Nine como referencia aos anacos das cancións gravadas que terían que ser eliminados durante a mestura de son (en inglés, “We’ll bury’them in the mix”. Nun principio George Harrison suxeriu o nome “The Trembling Wilburys”, aínda que máis adiante trocarían por “The Traveling Wilburys”.