Tratado de Confissom
| Tratado de Confissom | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O Tratado de Confissom é unha obra de carácter pastoral dirixida a sacerdotes coa responsabilidade de administrar o sacramento da penitencia, é dicir, a confesión.[1]
Impreso en Chaves en agosto de 1489, trátase do primeiro libro coñecido impreso en galego-portugués, e por tanto o primeiro en lingua portuguesa e en lingua galega. Foi descuberto en 1965 por Tarcísio Trindade, un libreiro de Alcobaça. Pina Martins publicouno nunha edición diplomática en 1973 cun estudo introdutorio.[2] En 2003 foi obxecto dunha edición semidiplomática e dun estudo lingüístico, realizado por José Barbosa Machado.
Descoñécese o seu autor, quizais debido a que ao único exemplar existente (Biblioteca Nacional de Lisboa) lle falta a portada.

A presenza de varios castelanismos no texto fai sospeitar que a obra é a tradución dunha obra castelá previamente non identificada, ou traducida ao galego-portugués por castelanfalantes, en liña con que os primeiros editores no reino de Portugal chegaran da coroa de Castela.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martins, Rui (terça-feira, 4 de agosto de 2009). "Tertúlia Bibliófila: O primeiro livro impresso em Portugal (2)". Tertúlia Bibliófila. Consultado o 2024-12-28.
- ↑ "TRATADO DE CONFISSOM. (Chaves, 8 de Agosto de 1489)". livraria.ler.com.gosto (en portugués). Consultado o 2024-12-28.
- ↑ "Gacon, Samuel: O primeiro livro impresso em Portugal veio do prelo de Samuel Gacon, em Faro.". tipografos.net. Consultado o 2024-12-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MACHADO, José Barbosa (2003). Tratado de Confissom - vol. I - Edição Semidiplomática e Estudo Histórico. Braga: APPACDM.
- MACHADO, José Barbosa (2004). Tratado de Confissom - vol. II - Edição Actualizada, Glossário e Listagem de Palavras. Braga: APPACDM.
- MARTINS, J. Pina (1973). Tratado de Confissom. Lisboa: Imprensa Nacional.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://alfarrabio.di.uminho.pt/vercial/confissom.htm
- https://purl.pt/22008, Chaves, 1489, na Biblioteca Nacional de Portugal
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |