Tranvías del Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′16″N 8°12′07″O / 43.53768, -8.20197

Tranvías del Ferrol S.A.
Tranvias del Ferrol Río do Pozo.jpg
Sede de Tranvías del Ferrol en Río do Pozo, Narón.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1 de novembro de 1922
Localización Avda. dos Arrieiros, Polígono de Río do Pozo PARC. F6 F7 15578 Narón, A Coruña Galicia Galiza
Persoas clave Ubaldo Barcón Sandino
Industria Transporte de viaxeiros
Páxina web tranviasdelferrol.com

Tranvías del Ferrol é unha empresa de viaxeiros local con sede en Narón que opera en Ferrol, Narón e Neda.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da empresa están na solicitude de José Fernández Solórzano y Freire para explotar en 1904 un tranvía con motor eléctrico entre Ferrol e Santa María de Neda. Nos seus inicios a liña tiña 7 km dende a Estrada de Castela, na Porta Nova (Praza de España), e terminaba no Portazgo de Xuvia (Xuvia). As cores da empresa eran o branco e azul escuro ata hai uns anos que foi trocado o azul escuro pola cor laranxa.

As cocheiras estaban en Freixeiro, Narón ata os inicios dos anos 2000 que foron vendidos os terreos para a construción dunha urbanización e trasladadas a Río do Pozo.

Servizos[editar | editar a fonte]

As liñas de Tranvías del Ferrol dan servizo aos concellos de Ferrol, Narón e Neda.

Liña Ruta
1-B Residencia - Porto
1-2 Neda - Porto
3 Porto - Caranza - Residencia
4 Canido - A Graña
7 A Faísca - Correos
9 Caranza - Correos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]