Tranvía de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tranvía de Tampere
Tampereen raitiotie (en finés)

Tranvía de Tampere en Hämeenkatu.
Localización Tampere, Finlandia
Tipo de transporte Tren lixeiro
Inauguración 9 de agosto de 2021 (prevista)
Lonxitude das liñas 17 km (primeira fase)
Número de liñas 2
Velocidade máxima 70 km/h
Electrificación Cable condutor, 750 V DC
Ancho de vía 1 435 mm
Altura 0,35 m
Xestión Cidade de Tampere
Operador VR
Afluencia diaria 50 000 (previsión para 2020)
Plano de Tampere coas liñas de tranvía proxectadas en vermello (fase 1) e azul (fase 2).

O tranvía de Tampere (en finés Tampereen raitiotie), coñecido popularmente como Tampereen ratikka, é a rede de tranvías que percorre a cidade de Tampere, Finlandia.

En novembro de 2016 o goberno municipal tomou a decisión de dotar á cidade dun tranvía, sinalando que as obras comezarían na primavera do ano seguinte. En marzo de 2017 comezaron as obras do primeiro tramo, Pyynikintori-Hospital Universitario-Hervanta. O 9 de agosto de 2021 inauguráronse oficialmente as dúas primeiras liñas, cos números 1 e 3.

Liñas[editar | editar a fonte]

Mapa do tranvía de Tampere.
Liña Rota Duración Paradas Lonxitude (km) Inauguración Ampliacións ou tramos en construción planificados
1 Sorin aukioKaupin kampus 12 min 9 4 9 de agosto de 2021
  • Sorin aukio – Pirkkala (planificado)
  • Sorin aukio – Vuores (planificado)
  • Kaupin kampus – Lamminrahka (planificado)
3 SantalahtiHervantajärvi 29 min 19 12 9 de agosto de 2021
  • Santalahti – Hiedanranta – Lentävänniemi (planificado, previsto en 2025)
  • Hiedanranta – Lielahti – Ylöjärvi (planificado)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]