Saltar ao contido

Transporte inverso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O transporte inverso ou inversión de transportador é un fenómeno no cal os substratos dunha proteína transportadora de membrana son movidos na dirección oposta á do seu movemento típico nese transportador.[1][2][3][4][5] A inversión do transportador ocorre cando unha proteína transportadora de membrana é fosforilada por unha determinada proteína quinase, que é un encima que coloca grupos fosfato a proteínas.[1][2]

A función principal da maioría dos transportadores de neurotransmisores é facilitar a recaptación do neurotransmisor (é dicir, a reabsorción dos neurotransmisores pola célula que os liberou).[1][2][6] Durante a recaptación do neurotransmisor, os transportadores de neurotransmisor moven tipos específicos de neurotransmisores desde o espazo extracelular ao citosol dunha neurona ou célula glial.[1][2][6] Cando estes transportadores operan á inversa, producen un efluxo de neurotransmisor (é dicir, o movemento do neurotransmisor desde o citosol ao espazo extracelular por medio da liberación mediada polo transportador, que é o contrario da liberación exocítica).[1][2] En neuronas, o transporte inverso facilita a liberación de neurotansmisores na fenda sináptica, resultando nunha maior concentración de neurotransmisores sinápticos e un incremento da sinalización a través dos correspondentes receptores de neurotransmisores.

Por exemplo, os axentes liberadores de monoaminas, como as anfetaminas, causa un efluxo do neurotransmisor monoamina (é dicir, a liberación de neurotaransmisores monoamina das neuronas na fenda sináptica por medio da liberación mediada polo transportador de monoaminas) ao desencadear o transporte inverso nos transportadores de monoaminas vesiculares (concretamente, VMAT1 e VMAT2) e outros transportadores de monoaminas que están localizados ao longo da membrana plasmática de neuronas (especificamente, o DAT, o NET e o SERT).[1][2][7] O mecanismo exacto pola cal as anfetaminas e outros axentes de liberación de monoaminas funcionan como mediadores da indución do transporte inverso compréndense mal polo momento.[8][9][10] Porén, o proceso pode implicar a elevación do ión calcio intracelular (Ca2+), a activación da proteína quinase C (PKC) e a activación da proteína quinase II alfa dependente de Ca2+/calmodulina (CaMKIIα).[8][9][10]

  1. 1 2 3 4 5 6 Bermingham DP, Blakely RD (outubro de 2016). "Kinase-dependent Regulation of Monoamine Neurotransmitter Transporters". Pharmacol. Rev. 68 (4): 888–953. PMC 5050440. PMID 27591044. doi:10.1124/pr.115.012260.
  2. 1 2 3 4 5 6 Miller GM (xaneiro de 2011). "The emerging role of trace amine-associated receptor 1 in the functional regulation of monoamine transporters and dopaminergic activity". Journal of Neurochemistry 116 (2): 164–176. PMC 3005101. PMID 21073468. doi:10.1111/j.1471-4159.2010.07109.x.
  3. Scholze P, Nørregaard L, Singer EA, Freissmuth M, Gether U, Sitte HH (2002). "The role of zinc ions in reverse transport mediated by monoamine transporters". The Journal of Biological Chemistry 277 (24): 21505–13. PMID 11940571. doi:10.1074/jbc.M112265200.
  4. Robertson SD, Matthies HJ, Galli A (2009). "A closer look at amphetamine-induced reverse transport and trafficking of the dopamine and norepinephrine transporters". Molecular Neurobiology 39 (2): 73–80. PMC 2729543. PMID 19199083. doi:10.1007/s12035-009-8053-4.
  5. Kasatkina LA, Borisova TA (novembro de 2013). "Glutamate release from platelets: exocytosis versus glutamate transporter reversal". The International Journal of Biochemistry & Cell Biology 45 (11): 2585–2595. PMID 23994539. doi:10.1016/j.biocel.2013.08.004.
  6. 1 2 Malenka RC, Nestler EJ, Hyman SE (2009). "Chapter 3: Synaptic Transmission". Molecular Neuropharmacology: A Foundation for Clinical Neuroscience (2ª ed.). Nova York: McGraw-Hill Medical. pp. 61–65. ISBN 9780071481274.
  7. Eiden LE, Weihe E (xaneiro de 2011). "VMAT2: a dynamic regulator of brain monoaminergic neuronal function interacting with drugs of abuse". Ann. N. Y. Acad. Sci. 1216 (1): 86–98. Bibcode:2011NYASA1216...86E. PMC 4183197. PMID 21272013. doi:10.1111/j.1749-6632.2010.05906.x. VMAT2 é o transportador vesicular do SNC non só das aminas bioxénicas DA, NE, EPI, 5-HT e HIS, senón probablemente tamén das aminas traza TYR, PEA e tironamina (THYR) ... As neuronas [aminérxicas traza] no SNC de mamíferos serían identificables como neuronas que expresan VMAT2 para o almacenamento, e o encima biosintético aminoácido aromático descarboxilase (AADC). ... A liberación por AMPH de DA nas sinapses require tanto a acción no VMAT2 para liberar DA ao citoplasma coma unha liberación concertada de DA desde o citoplasma por medio de "transporte inverso" a través de DAT.
  8. 1 2 Sulzer D, Sonders MS, Poulsen NW, Galli A (abril de 2005). "Mechanisms of neurotransmitter release by amphetamines: a review". Prog Neurobiol 75 (6): 406–433. PMID 15955613. doi:10.1016/j.pneurobio.2005.04.003.
  9. 1 2 Reith ME, Gnegy ME (2020). "Molecular Mechanisms of Amphetamines". Handb Exp Pharmacol. Handbook of Experimental Pharmacology 258: 265–297. ISBN 978-3-030-33678-3. PMID 31286212. doi:10.1007/164_2019_251.
  10. 1 2 Vaughan RA, Henry LK, Foster JD, Brown CR (2024). "Post-translational mechanisms in psychostimulant-induced neurotransmitter efflux". Pharmacological Advances in Central Nervous System Stimulants. Adv Pharmacol 99. pp. 1–33. ISBN 978-0-443-21933-7. PMID 38467478 |pmid= incorrecto (Axuda). doi:10.1016/bs.apha.2023.10.003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]