Saltar ao contido

Transformador Tesla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transformador Tesla
Imaxe
 Epónimo
 Aspecto de
Características
 Colección
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
1891 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
Códigos e identificadores
Freebase/m/09rh1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons


Un Transformador Tesla é un tipo de transformador de descarga dirsuptiva, que recibe este nome polo seu inventor, Nikola Tesla. Os transformadores Tesla están compostos de circuítos eléctricos resonantes emparellados. Nikola Tesla experimentou cunha ampla variedade de bobinas e configuracións, de xeito que é complicado describir unha forma específica de construción que satisfaga os desexos daqueles que queiran sabelo todo dos transformadores "Tesla". Os diversos transformadores que foron resultando das súas investigacións difiren tanto na configuración como na construción. Os transformadores Tesla en xeral son moi populares entre os entusiastas das voltaxes altas.

Os Primeiros Transformadores

[editar | editar a fonte]

O libro American Electrician dá a descrición dun dos primeiros transformadores na que se enrolan entre 60 e 80 voltas de cable de 'calibre americano No.18 B&S Magnet Wire' nunha batería cilíndrica de cristal de 15 cm por 20 cm. Despois introdúcense entre oito e dez voltas de cable 'AWG No.6 B&S', e métese todo nunha cápsula que conteña aceite de liñaza ou mineral.[1]

Transformadores Disruptivos "Tesla"

[editar | editar a fonte]

Na primavera de 1891, Tesla deu unha demostración con varias máquinas perante o Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos (American Institute of Electrical Engineers, AIEE) na Universidade de Columbia. Seguindo a investigación inicial de voltaxe e frecuencia de William Crookes, Tesla deseñou e construíu unha serie de transformadores que producían correntes de alta voltaxe e frecuencia. Estes primeiros transformadores podían usa-la acción "disruptiva" do intervalo dun chispeiro no seu funcionamento. A configuración podíase imitar cun transformador Ruhmkorff, dous condensadores (hoxe chamados capacitadores, e un segundo transformador disruptor, especialmente construído.

Transformador Tesla Coil en Questacon, Museo Nacional Australiano de Ciencia
  1. (Ed. Norrie, páxs. 34-35).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]