Transavia France

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Transavia.com France")
Transavia France
Transavia logo 2.jpg
IATA
TO
OACI
TVF
Indicativo
FRANCE SOLEIL
Fundación 2006
Inicio das operacións 2007
Aeroporto principal Aeroporto de París-Orly
Frota 19
Destinos 30
Holding Air France-KLM
Páxina web: http://www.transavia.com/
Boeing 737 coa nova librea da aeroliña

Transavia France S.A.S., anteriormente coñecida como Transavia.com France e comercialidada como Transavia France, é unha aeroliña de baixo custo baseada en Francia operando como unha parte independente do grupo Air France-KLM. A súa base principal está no aeroporto de París-Orly e principalmente realiza voos regulares e chárter a destinos de ocio. Comparte o deseño corporativo e coopera estreitamente coa súa irmá neerlandesa Transavia. A compañía está baseada no Aeroporto de París-Orly.

Transavia France creárona como transavia.com France en novembro de 2006 Air France e a aeroliña neerlandesa Transavia (transavia.com entón), e comeou a operar no mes de maio de 2007, realizando voos chárter e regulares.[1]

Frota[editar | editar a fonte]

En xuño de 2015 a frota de Transavia France estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Transavia France
Avión Total Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 1 0 180 Operado por Air France.
Boeing 737-800 18 1 186/189

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air France (ed.). «Transavia France». Consultado o 19 de xuño de 2015. 
  2. Ch-aviation (ed.). «Frota de Transavia France». Consultado o 19 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]