Transatlanticism

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Transatlanticism
Álbum de Death Cab for Cutie
Publicado 7 de outubro de 2003
Duración 44:11
Xénero(s) indie rock, rock alternativo
Selo(s) Barsuk Records
Producido por Chris Walla
Cronoloxía
The Photo Album Transatlanticism Plans

Transatlanticism é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock Death Cab for Cutie, publicado o 7 de outubro de 2003 a través do selo Barsuk Records.

Transatlanticism é o segundo álbum conceptual do grupo, e fala sobre o amor a distancia. Do traballo sacáronse tres sinxelos acompañados polos seus respectivos videos musicais: "The New Year", "The Sound of Settling" e "Title and Registration". Os dous primeiros, "The New Year" e "The Sound of Settling", acadaron os postos 86 e 84 respectivamente na lista británica de sinxelos.

Transatlanticism tivo boas críticas da crítica tras o seu lanzamento, e está considerado o mellor traballo do grupo, ademais de ser que os deu a coñecer ao gran público. O álbum chegou ao número 97 da lista Billboard 200 e foi certificado ouro pola RIAA tras vender 500.000 copias nos Estados Unidos.

No ano 2013 Barsuk Records publicou Transatlanticism Demos, unha colección de versións demo de cancións do disco para celebrar o décimo aniversario do seu lanzamento.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas copostos por Ben Gibbard.

N.º TítuloMúsica Duración
1. "The New Year"  Ben Gibbard, Nick Harmer, Jason McGerr, Chris Walla 4:06
2. "Lightness"  Gibbard 3:30
3. "Title and Registration"  Gibbard, Walla 3:39
4. "Expo '86"  Gibbard, Walla 4:11
5. "The Sound of Settling"  Gibbard 2:12
6. "Tiny Vessels"  Gibbard, Harmer 4:21
7. "Transatlanticism"  Gibbard, Walla 7:55
8. "Passenger Seat"  Gibbard 3:41
9. "Death of an Interior Decorator"  Gibbard 2:56
10. "We Looked Like Giants"  Gibbard, Harmer, McGerr, Walla 5:32
11. "A Lack of Color"  Gibbard 3:35

Material extra da reedición[editar | editar a fonte]

Vinilo extra/MP3s descargables da reedición de 2013
N.º Título Duración
1. "The New Year (Demo)"   3:17
2. "Lightness (Demo)"   4:24
3. "Title and Registration (Demo)"   3:42
4. "Expo '86 (Demo)"   5:00
5. "The Sound of Settling (Demo)"   2:36
6. "Tiny Vessels (Demo)"   4:55
7. "Transatlanticism (Demo)"   6:13
8. "Passenger Seat (Demo)"   3:19
9. "Death of An Interior Decorator (Demo)"   3:11
10. "We Looked Like Giants (Demo)"   3:52
11. "A Lack of Color (Demo)"   3:24