Traballo por quendas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Traballo por quendas é unha modalidade laboral na que o traballador pode realizar a súa tarefa ó longo das 24 horas do día. O día queda pois dividido en quendas, ou intervalos de tempo durante os cales diferentes grupos de traballadores realizan a súa tarefa. Con este termo, e as súas repercusións negativas para a saúde, englóbase tanto ós traballadores que sempre teñen horario nocturno, como aqueles cuxos horarios alternan, e unhas veces son en horas de noite, e outras non.[1][2][3]

En medicina e epidemioloxía, o traballo por quendas é considerado un factor de risco para algúns problemas de saúde, xa que as perturbacións do ritmo circadiano poden facer medrar a probabilidade de chegar a desenvolver doenzas cardiovasculares, problemas cognitivos, diabetes e obesidade, entre outras patoloxías.[4][5] O traballo por quendas pode tamén ter repercusións nas relacións conxugais, familiares e persoais.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sloan Work and Family Research, Boston College. "Shift work, Definition(s) of". Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  2. Institute for Work & Health, Ontario, Canada. "Fact Sheet, Shiftwork" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2008. Consultado o 25 de setembro de 2014. ...outside regular daytime hours (i.e., between approximately 0700 and 1800 Monday through Friday). 
  3. U.S. Congress, Office of Technology Assessment (1991). "BiologicalRhythms ImplicationsfortheWorker New Developments in Neuroscience". 
  4. Delezie J, Challet E. "Interactions between metabolism and circadian clocks: reciprocal disturbances.". PMID 22211891. doi:10.1111/j.1749-6632.2011.06246.x. 
  5. Scheer FA, Hilton MF, Mantzoros CS, Shea SA. "Adverse metabolic and cardiovascular consequences of circadian misalignment." (11). PMC 2657421. PMID 19255424. doi:10.1073/pnas.0808180106. 
  6. Caruso, Claire C. (2 de agosto de 2012). "Running on Empty: Fatigue and Healthcare Professionals". NIOSH: Workplace Safety and Health.