Traballo doméstico

O traballo doméstico ou traballo do fogar é todo traballo, remunerado ou non, realizado no ámbito do fogar, desde os actos organizativos dunha casa ou propiedade até a realización de cada unha das actividades domésticas, incluíndo cociñar, limpar, facer a coada ou reparar danos.[1] A persoa que realiza este traballo de forma remunerada é denominada traballador ou traballadora doméstica, mentres a persoa que o fai sen unha retribución formal adoita ser denominada ama ou amo de casa.
Na maior parte do mundo, a maioría do traballo doméstico, tanto remunerado como o que non, é realizado por mulleres.[2]
En La gran revolución doméstica (1981), Dolores Hayden rescatou o legado dun pequeno grupo de pensadoras estadounidenses ( Melusina Fay Peirce, Charlotte Perkins Gilman, Marie Stevens Howard, Mary Livermore, Ellen Swallow Richards, e Ethel Puffer Howes, ..., configuraban o que Hayden chamou ‘feminismo materialista’[3]), que entre 1830 e 1930 postularon que a arquitectura e o urbanismo podían contribuír á abolición dos roles laborais estereotipados por xénero e da repartición desigual das tarefas domésticas e do coidado dos nenos.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zelizer. Vidas económicas: Cómo la cultura da forma a la economía (en castelán). Centro de Investigaciones Sociológicas. ISBN 9788474766950.
- ↑ Trabajo Doméstico y de Cuidados No Remunerado. ONU Mujeres. 2016.
- ↑ Díez Martínez, Daniel (2024). Queda mucho por hacer: menos cajitas y más ciudad. En: "La renovación del sueño americano: el género, la vivienda y la vida familiar". Estudios Universitarios de Arquitectura (EUA) (36). Editorial Reverté, Barcelona, pp. 241-257. ISBN 978-84-291-2136-0.
- ↑ Martínez, Daniel Díez (2024-11-05). "Dolores Hayden contra la arquitectura del ‘sueño americano’: “Todavía hoy, el hogar es un lugar de descanso para el hombre y fuente de trabajo no remunerado para la mujer”". El País (en castelán). Consultado o 2025-12-06.
- ↑ Marcos, Parga (2023). "Housewifization: Desigualdades de género y el auge del espacio doméstico contemporáneo". Rita: Revista Indexada de Textos Académicos (20): 20–41. ISSN 2340-9711.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |
