Trímero (proteína)


En bioquímica, un trímero é un complexo macromolecular formado por tres macromoléculas, xeralmente unidas por enlaces non covalentes, que normalmente son proteínas aínda que tamén poden existir trímeros de ácidos nucleicos. Un trímero proteico adoita orixinarse durante a ensamblaxe da estrutura cuaternaria dunha proteína[1] As interaccións non covalentes entre as rexións hidrófobas e hidrófilas das unidades polipeptídicas contribúen a estabilizar a estrutura cuaternaria. Como un trímero proteico está composto por tres subunidades polipeptídicas, considérase un oligómero.[2] O proceso de formación dun trímero chámase trimerización.
Un homotrímero está formado por tres moléculas idénticas.[3] Un heterotrímero está formado por tres macromoléculas distintas. O coláxeno tipo II é un exemplo de proteína homotrímera, mentres que o coláxeno tipo I é unha proteína heterotrímera de tipo AAB, como tamén as lamininas. Un exemplo de proteína viral homotrímera é a proteína de matriz Z do mammarenavirus.[4]
As porinas dispóñense normalmente nas membranas formando trímeros.
A análise da estrutura cristalina de alta resolución da fibra distal da cola do bacteriófago T4, formada polos polipéptidos do xene 37 indica que a proteína está presente en forma de trímero e que cada polipéptido do trímero está dobrado sobre si mesmo nunha configuración en forquita.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Godbey, W.T. (2014). Proteins. An Introduction to Biotechnology (Elsevier). pp. 9–33. ISBN 978-1-907568-28-2. doi:10.1016/b978-1-907568-28-2.00002-2. Consultado o 2024-05-03.
- ↑ Pelley, John W. (2012-01-01). Pelley, John W., ed. 3 - Protein Structure and Function. Elsevier's Integrated Review Biochemistry (2ª edición) (Philadelphia: W.B. Saunders). pp. 19–28. ISBN 978-0-323-07446-9. doi:10.1016/b978-0-323-07446-9.00003-9. Consultado o 2024-05-03.
- ↑ Cha, S.S.; et al. (1998). "High resolution crystal structure of a human tumor necrosis factor-alpha mutant with low systemic toxicity". J. Biol. Chem. 273 (4): 2153–60. PMID 9442056. doi:10.1074/jbc.273.4.2153.
- ↑ Witwit, Haydar; de la Torre, Juan C. (2025-04-29). "Mammarenavirus Z Protein Myristoylation and Oligomerization Are Not Required for Its Dose-Dependent Inhibitory Effect on vRNP Activity". BioChem (en inglés) 5 (2): 10. ISSN 2673-6411. PMC 12163724. PMID 40520408
|pmid=incorrecto (Axuda). doi:10.3390/biochem5020010. - ↑ Bartual, SG; Otero, JM; Garcia-Doval, C; et al. (2010). "Structure of the bacteriophage T4 long tail fiber receptor-binding tip". Proc Natl Acad Sci U S A 107 (47): 20287–20292. PMC 2996694. doi:10.1073/pnas.1011218107.