Toxosoutos, Lousame
| Toxosoutos | |
|---|---|
Fervenza San Xusto de Toxosoutos. | |
| Concello | Lousame[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°48′42″N 8°49′11″O / 42.81166667, -8.81972222 |
| Poboación | 162 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xusto de Toxosoutos[2] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 162 habitantes (79 homes e 83 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada ao norte do concello. Limita ao norte con Brión, ao sur con Lesende e Vilacova, ao oeste con Noia e ao leste con Rois. As zonas máis baixas da parroquia están a uns 200 m, e os cumios máis altos son o monte Costoira e Pena de Ferro (532 m). A parroquia sitúase no val do río San Xusto, que nace a 430 m de altitude, máis arriba de Fontefría, preto de Sabugueiro e Bargo.
Destaca o monte baixo e o cultivo de prados, favorecido pola importancia da gandería. Está atravesada pola estrada AC-543 que une Noia e Santiago de Compostela.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de Toxosoutos, de grande importancia na idade media. A carón del, está a igrexa parroquial.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Muíño abandonado.
- Fervenza San Xusto de Toxosoutos.
- Igrexa de San Xusto de Toxosoutos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Toxosoutos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Toxosoutos no concello de Lousame (A Coruña) | |
|---|---|
|
Bargo | Cedofeito | Fontefría | O Madeiro | Sabugueiro | San Xusto |
Parroquias de Lousame
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia 2026" (PDF). Real Academia Galega. Consultado o 2026-05-23.