Toshiko Yuasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaToshiko Yuasa

(1947) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 湯浅年子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Ueno (Tóquio), Xapón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Ruán, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Tsukuba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica nuclear Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Ochanomizu (pt) Traducir
Centre national de la recherche scientifique
Tokyo Woman's Christian University (pt) Traducir
RIKEN (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrédéric Joliot Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoEid Hourany (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: 湯淺-6

Toshiko Yuasa, nada en Taitō,Toquio (Xapón) o 11 de decembro de 1909[1]e finada en Ruán (Francia) o 1 de febreiro de 1980, foi unha física nuclear xaponesa. É coñecida por ser a primeira física do Xapón, así como polas súas investigacións en relación ás partículas beta, polo que sería considerada a "Marie Curie xaponesa".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un enxeñeiro empregado na oficina de patentes xaponesa, e a súa nai pertencía a unha familia tradicional de escritores. Toshiko era o segundo descendente máis novo de sete irmáns. Estudou na División de Ciencia da Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio (na actualidade, a Universidade Ochanomizu) dende 1927 ata a súa graduación en 1931. Posteriormente matriculouse no Departamento de Física da Universidade Bunrika de Toquio (na actualidade, a Universidade de Tsukuba), onde se graduaría en 1934, sendo a primeira muller graduada en Fsica no Xapón.[3]

Yuasa comezou a impartir clase na Universidade Bunrika a tempo parcial como axudante. Alí comezou as súas investigacións en espectroscopia molecular. En 1935 converteuse en profesora na Universidade Cristiá de Mulleres de Toquio, onde permaneceu até 1937. Durante o ano seguinte sería contratada como profesora axudante na Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio.[4]

Yuasa inspirouse na descuberta da radioactividade artificial por Irène e Frédéric Joliot-Curie no Instituto de Radio en París. Debido ás difíciles condicións de investigación en Toquio, Yuasa mudouse a París en 1940, malia que a segunda guerra mundial acababa de empezar. Traballou baixo a supervisión de Frédéric Joliot-Curie no Collège de Francia, onde se centrou na investigación das partículas alfa e beta emitidas por núcleos radioactivos artificiais, así como no espectro de enerxía de partículas beta. Obtivo o seu doutoramento en 1934 coa súa tese Contribution à l'étude du spectre continu des rayons β émis par les corps radioactifs artificiels (Contribución ao estudo do espectro continuo das radiacións β- emitidas polos corpos radioactivos artificiais).

En agosto de 1944, Yuasa viuse forzada a deixar París e ir a Berlín. Alí continuaría as súas investigacións nun laboratorio da Universidade Humboldt e desenvolveu o seu propio espectrómetro de raios beta. En 1945, foi obrigada por forzas soviéticas a regresar ao Xapón, ata onde viaxaría co seu espectrómetro ás costas. Ao seu regreso a Toquio, volveu outra vez á Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio como profesora. Non puido continuar a súa investigación anterior debido á prohibición da investigación nuclear no Xapón por parte das Forzas de Ocupación dos Estados Unidos. De 1946 a 1949 traballou no Centro Nishina para a Ciencia baseada en Aceleradores, pertencente ao RIKEN, e impartiu clases na Universidade de Quioto entre 1948 e 1949.

Yuasa volveu a Francia en maio de 1949 como investigadora no CNRS á vez que profesora en excedencia na Universidade Ochanomizu. Decidiu asentarse en Francia en 1955, renunciando ao seu posto en Ochanomizu. No CNRS comezou a investigar a desintegración beta utilizando unha Cámara de Wilson, e en 1954 publicou un artigo avisando dos perigos das probas da bomba de hidróxeno no Atol Bikini. Foi ascendida a maître de recherche (investigadora xefe) no CNRS en 1957.

A súa investigación orientouse en 1960 cara ás reaccións nucleares que utilizan sincrociclotróns, e en 1962 obtivo o doutoramento na Universidade de Quioto pola súa tese Étude du type d’invariant de l’interaction Gamow-Teller en désintégration β de 6He" (Estudo dun tipo de interacción invariante Gamow-Teller na desintegración β- de 6He")

Yuasa xubilouse en 1974, pero permaneceu como investigadora emérita no CNRS a partir de 1975. En xaneiro de 1980 foi hospitalizada no Centro Henri-Becquerel (Ruán), onde falecería de cancro o 1 de febreiro, aos 70 anos de idade.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 1976 o goberno xaponés entregoule a Medalla con Cinta Morada polos seus esforzos para potenciar os intercambios culturais entre Francia e o Xapón.
  • En 2002 a Universidade Ochanomizu creou o premio Toshiko Yuasa, un patrocinio para que as mozas científicas puidesen proseguir os seus estudos en Francia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Toshiko Yuasa (1909~1980)". Ochanomizu University. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  2. Yagi, Eri; Matsuda, Hisako (agosto de 2007). "Toshiko Yuasa (1909-80): the First Japanese Woman Physicist and Her Followers in Japan" (PDF). AAPPS Bulletin 17 (4): 15–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2015. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  3. Kodate, Naonori; Kodate, Kashiko (2015). Japanese Women in Science and Engineering: History and Policy Change. Taylor & Francis. p. 53. ISBN 978-1-317-59504-5. 
  4. International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950. ABC-CLIO. 2001. pp. 341–342. ISBN 978-1-57607-090-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]