Torta de queixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torta de queixo fresca con marmelada de amorodos
Torta de queixo ao forno con framboesas, amorodo e arandos.

Unha torta de queixo[1] (cheescake en inglés) é un doce elaborado principalmente con queixo fresco ou cremoso que, dependendo do seu proceso de elaboración, admite diversos ingredientes. Aínda que de orixe estadounidense, hoxe son moi comúns coma sobremesas nos fogares e restaurantes galegos.

Características[editar | editar a fonte]

Basicamente é unha torta que se toma coma sobremesa de textura lixeira e feita con queixo fresco, leite, azucre, ovos e fariña. Todos estes ingredientes mestúranse, colócanse sobre unha base de galleta moída e se enforna durante, aproximadamente, 45 minutos para a cocer. Poden tamén engadirse algúns saborizantes (vainilla ou chocolate) e bagas. Tamén existen receitas frescas que no se meten no forno, consistentes en facer unha crema abrancazada co queixo, o azucre e xelatina que se deita na base de galleta e se mete no frío, cubríndose despois cunha tona de marmelada de froitos do bosque (amorodos, amoras, arandos, framboesas...).

Existen diferentes derivados co sabor da torta, coma iogur€s, xeados, brownies e galletas.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha antiga forma da torta de queixo podería ter sido un prato moi popular na Antiga Grecia, incluso antes da adopción romana do prato coa conquista de Grecia.[2] A mención escrita máis temperá tunha torta de queixo é a dun médico grego Aegimus, que escribiu un libro sobre a arte de facer queixo (πλακουντοποιικόν σύγγραμμα—plakountopoiikon suggramma).[3][4]Catón o Vello, no seu manual De Agri Cultura (tamén chamado de De Re Rustica) inclúe receitas de tres tortas para usos relixiosos: libum, savillum e placenta.[5][6] Das tres, placenta é máis semellante á maioría das tortas de queixo modernas, cunha codia que se prepara e se coce por separado.[7] Cómpre sinalar que malia que estas primeiras formas recibiron o nome de "tortas de queixo", diferían moito en sabor e consistencia da contemporánea.

A torta de queixo deuse a coñecer a través do tempo, xa que formaron parte do menú que degustaron (pastel proteico a base de queixo); dos atletas que participaron nos primeiros xogos olímpicos da historia, que tiveron lugar no ano 776 antes de Cristo. A exquisita torta espallouse a través de Europa despois de que os romanos conquistaron Grecia.

Porén, a fabricación de queixo remóntase até o 2000 a. C, os antropólogos atoparon moldes de queixo que datan dese período. Mentres o imperio avanzaba sobre os distintos países, os colonizadores ian descubrindo que a elaboración do queixo era algo común a todos os pobos, e incorporaban novas técnicas culinarias que aplicaban para recrear a torta de queixo enriquecéndoa con diferentes combinacións.

Integrado definitivamente o patrimonio gastronómico europeo, esta sobremesa cruzou o atlántico co fluxo de inmigrantes que chegaron aos Estados Unidos na procura de mellores condicións de vida. En 1872 un queixeiro norteamericano ao intentar copiar o neufchâtel, un queixo de orixe francesa, terminou creando un queixo cremoso que co tempo daría lugar ao nacemento do famoso queixo philadelphia, co que se fabrica a torta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición e nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Dana Bovbjerg, Jeremy Iggers, The Joy of Cheesecake, Barron's Educational Series, 1989
  3. Calímaco, ap. Athen, XIV. p. 643, e
  4. πλακουντοποιικός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  5. Cato the Elder, De Agri Cultura, paragraphs 75 and 76. Available in English on-line at: University of Chicago: Penelope (Note: The "leaves" mentioned in Cato's recipe are bay leaves.)
  6. "Cato's 'De Agricultura': Recipes". www.novaroma.org. Consultado o 2008-10-12. 
  7. www.culinaryschools.com. "A Bit of Food History: Cheesecake" (PDF). www.culinaryschools.com. Consultado o 2008-10-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]