Torta de cenoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bolo de cenoria.

torta de cenoria, pastel de cenoria ou bolo de cenoura é un pastel doce con cenoria machucada mesturada na masa. A cenoria amolece no proceso de cocedura, e o bolo adoita ter unha textura mesta e lene. As cenorias melloran o sabor, textura e aparencia do pastel.

Historia[editar | editar a fonte]

As cenorias téñense usado en pasteis doces dende a Idade Media, época na que os adozantes eran escasos e caros, mentres a cenoria, que contén máis azucre que calquera outra verdura fóra da remolacha azucreira, era moito máis doada de atopar, polo que se usaba para elaborar sobremesas doces.[1] A popularidade do pastel de cenoria rexurdiu probabelmente no Reino Unido grazas ao racionamento durante a segunda guerra mundial.[2]

Os pasteis de cenoria estiveron amplamente dispoñíbeis en restaurantes e cafetarías estadounidenses a principios dos anos 1960. Ao principio eran un artigo novo, pero a moitas persoas gustoulles tanto que pasou a ser unha sobremesa corrente.

Os doces de cenoria son tamén frecuentes en Portugal. Hoxe é cada vez máis frecuente en Galiza atopar tortas de cenoria.

Ingredientes e preparación[editar | editar a fonte]

Malia o seu nome, a torta de cenoria aseméllase máis a un biscoito na preparación (todos os ingredientes húmidos, como os ovos e o azucre, mestúranse por unha banda, todos os secos por outra, e despois engádenselles os húmidos) e a consistencia definitiva (que é normalmente máis mesto ca un pastel tradicional e ten unhas faragullas máis grosas).

Moitas receitas de pastel de cenoria inclúen ingredientes opcionais, tales como froitos secos (especialmente noces), pasas, ananás ou coco.[3]

Este pastel prepárase nun forno sen realmente un tempo definido sobre o cal deber manterse dentro del. Recoméndase deixar arrefriar ao sacar o do forno e antes de poder comer.

Presentación[editar | editar a fonte]

O pastel de cenoria pode comerse sen máis engadidos, mais a miúdo glásase ou recóbrese cunha camada cristalizada de crema de queixo e noz picada. Con frecuencia decóranse con enfeites semellando cenorias. A torta de cenoria ás veces aparece a xeito de cupcakes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]