Torso de guerreiro de Armeá
Torso de guerreiro de Armeá | |
---|---|
Instancia de | obra escultórica ![]() |
Cultura | cultura castrexa e galaicos ![]() |
Material usado | granito ![]() |
Datas | |
Data de creación | século I ![]() |
Dimensións | |
Altura | 700 mm ![]() |
Anchura | 180 mm ![]() |
Lonxitude | 550 mm ![]() |
Descuberta | |
Localización descuberta | castro de Armeá ![]() |
Conservación | |
Colección | Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ![]() |
[ Wikidata ] |
O torso de guerreiro de Armeá é un torso esculpido en granito dun guerreiro galaico descuberta no castro de Armeá. Respresenta a un guerreiro en actitude hierática e ríxida.[1]
Mide 70 x 55 x 18 cm, porta braceiras, unha caetra, cinto e empuña na man dereita unha espada "parazolium" que descansa no corpo verticalmente. Inda que orixinalmente debía medir uns 2 metros, debeu ser feita cara o final do esplendor da cultura castrexa, xa en contacto coa cultura romana dentro do século I. É posible que estivese situada ás portas do poboado ou nalgún lugar emblemático, a súa monumentalidade reflicte a importancia e significado da ideoloxía do guerreiro e da guerra no mundo castrexo.[1]
Este exemplar, semellante a outro similar atopado no mesmo xacemento, tamén garda similitude con outro portugués de Refojos de Basto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Vázquez Varela, José; Yzquierdo Perrín, Ramón; García Iglesias, José Manuel; Castro, Antón (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Nigra Imaxe S.L. ISBN 84-87709-50-8.