Torres de San Marino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guaita
Cesta

As Tres Torres de San Marino son un grupo de torres localizadas na Cidade de San Marino, aproveitando tres picos do Monte Titano. Aparecen representadas na bandeira e no escudo de San Marino. Tamén se representan nas moedas de euro emitidas por este país, en concreto aparecen as tres na moeda de 50 céntimos, a torre Guaita na de 5 céntimos e o Montale na de 1 céntimo. Na gastronomía existe unha sobremesa co nome de La Torta Di Tre Monti, que fai referencia a estes picos.

A Primeira Torre[editar | editar a fonte]

A primeira torre, tamén chamada a Rocca ou Guaita, é a máis vella das tres, do século XI, e usouse durante unha breve tempada de prisión.

A Segunda Torre[editar | editar a fonte]

A segunda torre, tamén chamada a Cesta ou Fratta, está no cumio máis alto do Monte Titano. Nel encóntrase un museo de San Mariño diácono, creado en 1956. Construíuse no século XIII.

A Terceira Torre[editar | editar a fonte]

Montale

A terceira torre, tamén chamada o Montale, é a que a menor altitude está. En contraste coas outras torres, esta non está aberta ao público. Construíuse no século XIV.