Saltar ao contido

Torres Ífer

(Redirección desde «Torres Ifer»)
Torres Ifer
Vigo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Inauguración
1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

As Torres Ífer son unha parella de rañaceos da cidade de Vigo. É o segundo edificio máis alto da cidade (o primeiro de carácter civil) tras a Cidade da Xustiza, e o décimo de Galicia. Tamén son coñecidas como as Torres do Círculo de Empresarios, por albergar a sede deste organismo.

Deben esa denominación á empresa Ifer SL, promotora dos edificios. Foron inauguradas en 1998, e desde entón víronse inmersas en procesos xudiciais após de seren declaradas ilegais nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 19 de xaneiro de 2002.[1]

As torres de Ifer están situadas no terreo denominado como A Braña. A zona, de marcado carácter industrial durante o século XX, posuía no terreo unha fábrica de cervexas da empresa Unión Cervecera, que operou até o seu peche o 31 de decembro de 1989:

O crecemento da cidade fixo que a fábrica quedase situada en pleno centro urbano, e a construción dunha nova supón un custo inasumíbel.
Declaracións oficiais de Unión Cervecera.

A empresa, que contaba con outras dúas plantas en Málaga e Valencia, recolocou ou indemnizou os empregados e fechou as súas portas. Finalmente, en 1994 a fábrica foi derribada. Nese mesmo ano aprobouse a licenza para construír no mesmo terreo dúas torres de 22 andares, que albergarían ao Club Financeiro de Vigo.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]