Saltar ao contido

Torres Flame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torres Flame
Bakú Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
HOK (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
abril de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Superficie234,5 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata C:Commons

As Torres Flame (azerí: Alov Qüllələri) son os tres rañaceos máis altos da cidade de Bakú, en Azerbaidján, con alturas de 190 m, 160 m e 140 m. Conteñen apartamentos, un hotel e oficinas. O seu custo estimado é de 350 millóns de dólares. A construción comezou en 2007 e rematou en 2012.[1] As Torres Flame son tres torres: sur, leste e oeste.

As fachadas das tres torres transfórmanse en grandes pantallas co uso de máis de 10 000 LEDs de alta potencia, fornecidos por Traxon Technologies, sucursal de Osram, e Vetas Electric Lighting.[2]

Iluminación

[editar | editar a fonte]

Segundo unha enquisa de skyscrapercity.com, un importante foro de arquitectura e urbanismo, a iluminación das Torres Flame, deseñada por HOK, foi recoñecida como a mellor do mundo.[3] As torres ilumínanse con LEDs que mostran o movemento dunha chama, a cal é visible dende toda a cidade.[4] Esta iluminación crea o efecto de grandes fachos, salientando o concepto das Torres Flame, como reflicte o seu nome.

  1. "Baku to open Flame Tower". trend.az. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  2. http://www.vetasled.com
  3. "Night Cup". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  4. Flame Towers on Youtube

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]