Saltar ao contido

Torre do Banco da China

Torre do Banco da China
A Torre do Banco da China pola noite
Coordenadas22°16′45″N 114°09′41″L / 22.279166666667, 114.16138888889
editar datos en Wikidata ]

A Torre do Banco da China (en inglés Bank of China Tower, abbr. BOC Tower) é un dos máis recoñecíbeis rañaceos en Hong Kong. É a sede do Bank of China (Hong Kong) Limited.

Características

[editar | editar a fonte]

Deseñado polo arquitecto americo-chinés I. M. Pei, gañador do premio Pritzker, o edificio ten 315 metros de altura con dous mastros chegando aos 369 metros. Foi construído en 1989 e está localizado preto da Estación Central MTR. Foi o edificio máis alto en Hong Kong e Asia dende 1989 até 1992, e foi o primeiro edificio fora dos Estados Unidos en superar a marca dos 305 m. Iso significa tamén que foi o edificio máis alto fora dos Estados Unidos dende o ano do seu remate, 1990. É agora o terceiro rañaceos máis alto en Hong Kong, despois do Two International Finance Center e o Central Plaza.

O expresionismo estrutural adoptado no seu deseño imita o crecemento dos brotes do bambú, simbolizando o sustento e a prosperidade. O conxunto da estrutura é soportada por catro columnas de aceiro nas esquinas do edificio, co armazón triangular transferindo o peso nelas.

Unha pequena plataforma de observación no andar 43 está aberto ao público; as visitas á plataforma principal no andar 70 teñen que ser reservadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]