Torre de la Rosaleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de La Rosaleda
Vista da Torre de La Rosaleda
Edificio
Custo28.000.000
LocalizaciónPonferrada, León,
España España
Coordenadas42°33′33″N 6°36′35″O / 42.5591, -6.60965Coordenadas: 42°33′33″N 6°36′35″O / 42.5591, -6.60965
Uso(s)mixto
Construción
Inicio2006
Remate2009
Dimensións
Altura119 m
Pisos30
Altura da azotea107 m
Número de ascensores10
Equipo
Arquitecto(s)Juan Francisco Álvarez Quiros
ContratistaGrupo Begar
PromotorGrupo Mall
editar datos en Wikidata ]

A Torre de La Rosaleda é un rañaceos da cidade de Ponferrada. Con 119 metros de altura é o edificio máis alto de Castela e León. Atópase no barrio de La Rosaleda desa mesma cidade, preto do Estadio El Toralín. A torre coroa un bulevar que ten 80 m de ancho e 700 m de longo con edificios de 12 alturas a ambos os dous lados.[1]

Deseñado polo arquitecto Juan Francisco Álvarez Quiros, foi construído entre 2006 e 2009 polo grupo leonés Grupo Begar e consta de 30 andares. Ata entón o edificio máis alto da comunidade autónoma era o Edificio Duque de Lerma de Valladolid, de 88 metros de altura.

En 2008 o rañaceos recibiu nos European Property Awards, o premio ao edificio mellor desenvolvido (best developed).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Torre de la Rosaleda. Web oficial." (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]