Torre de Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Núñez
TipoSociedade Limitada
FundaciónAnos 60
LocalizaciónEstrada Madrid - A Coruña N-6, Km. 497 27160 Lugo Galicia Galicia
Persoas claveManuel José Núñez Aldegunde (fundador)
Industriaalimentación
ProdutosXamóns
Embutidos
Lacóns
Chourizos
Salchichóns
Na rede
http://www.torredenunez.com/gal/
editar datos en Wikidata ]

Torre de Núñez é unha empresa galega que leva máis de 40 anos dedicada á elaboración de produtos cárnicos.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada nos anos 60 por Manuel José Núñez Aldegunde, comezou coa distribución a nivel estatal levando os produtos de Torre de Núñez por toda a xeografía española. A boa acollida dos seus produtos levou a compañía a adoptar unha política de expansión nos anos 80 co establecemento dunha fábrica no alfoz da cidade de Lugo, que se houbo de consolidar definitivamente no ano 2000 coa creación dunha nova planta de 15.000 m² dotada da última tecnoloxía para a elaboración de produtos cárnicos.

Nos anos seguintes proseguiu o desenvolvemento e expansión da compañía que conduciu á consolidación dentro do mercado estatal e daeu paso ao inicio do proceso de internacionalización. Para tal efecto, a empresa creou o seu propio departamento de calidade en 2005, obtendo ese mesmo ano a certificación ISO 9001 ademais da certificación de produto Galicia Calidade.

Seguindo o camiño xa emprendido, no ano 2007 obtivo a certificación de produto Etg Jamón serrano que ampara as especificacións do xamón curado español, produto que representa a aposta de futuro da firma no mercado exterior.

Instalacións[editar | editar a fonte]

A súa planta de produción, situada na periferia de Lugo, no km 497 da A-6, dispón de 10.000 m² distribuídos ordenadamente segundo as distintas fases do proceso de produción.

Primeira planta[editar | editar a fonte]

Na que se atopa unha plataforma de recepción de mercancías unha liña de recepción de xamón refrixerado, un túnel de conxelación, unha cámara de salgadura, catro secadoiros de possalgado e unha sala de máquinas.

Segunda planta[editar | editar a fonte]

Na que se atopa o obradoiro de embutidos, o obradoiro de cocidos, sete secadoiros, seis cámaras de conservación, un afumadoiro e unha plataforma de recepción de mercadorías.

Terceira planta[editar | editar a fonte]

Obradoiro de desoso, sala de envasado e empaquetado, sala branca de rabenar, cámara de produto terminado, cargadoiro, vestiarios e oficinas.

Cuarta planta[editar | editar a fonte]

Destinada á bodega natural.

Produtos[editar | editar a fonte]

A empresa centra a súa produción nos produtos cárnicos distinguindo dúas gamas, a Gama Nacional e a Gama Rexional. A Nacional, en referencia ao mercado estatal, inclúe xamón curado, curado desosado e desosado en porcións, lombo embuchado, chourizo grande, salchichón, chourizo curado, xamón cocido, touciño entrefebrado, carne para a grella e embuchado en rebandas. Mentres, a Gama Rexional componse de chourizo galego, lacón, touciño entrefebrado, lacón cocido, botelo e roxóns.

Certificacións de calidade[editar | editar a fonte]

Torre de Núñez, desenvolveu e implantou a normativa de calidade UNE-EN ISO 9001:2000, sendo recentemente certificada por AENOR, ademais de certificarse tamén co selo de garantía Galicia Calidade, sendo a primeira empresa do sector cárnico na Galiza en recibir tal distinción. Ambos os procesos de certificación foron realizados no transcurso do ano 2005.

En febreiro de 2007, Torre de Nuñez conseguiu a certificación Especialidad Tradicional Garantizada Jamón Serrano; certificación que garante ao consumidor que a elaboración do xamón faise reproducindo os métodos tradicionais de fabricación, ademais do cumprimento de tódalas normas de calidade establecidas pola Unión Europea; obtendo así, un xamón cunhas condicións de calidade óptimas.

Todos os produtos de Torre de Núñez son aptos para celíacos, xa que se encontran na súa totalidade por debaixo das 20 partes por millón de glute. A FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España) incluíu os seus produtos na "Lista de Alimentos Aptos para Celíacos " edición 2007 – 2008 editada pola Federación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]