Torre de Celas de Peiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Torre de Celas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Torre de Celas de Peiro
Torre de Celas de Peiro.jpg
ConcelloCulleredo
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°14′58″N 8°24′31″O / 43.24954, -8.40863Coordenadas: 43°14′58″N 8°24′31″O / 43.24954, -8.40863
Estilo arquitectónico
Estilo actual(século XIV)
Estado actualmuseo
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]
Torre de Celas de Peiro.

A Torre de Celas de Peiro[1] é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena[2] ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.

A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta torre é o único que queda do antigo Castelo de Vinseira, que xa existía anteriormente a 1395, pois a primeira referencia documental a esta fortificación data dese ano. O castelo e os seus dominios pertencían á casa dos Andrade. Foi destruída durante a Gran Guerra Irmandiña, sendo reconstruída pouco tempo despois.

Durante boa parte da Idade Media foi a única fortificación galega que permaneceu fóra do dominio da nobreza grazas ó foro de reguengo concedido por Afonso IX no século XIII, o cal dispuña que a cidade non podía ter como veciños nin monxes nin nobres.

Pero este foro non foi sempre respectado e consta como, xa en 1395, o fidalgo Martín Becerra (posiblemente ás ordes dos Andrade) someteu ós campesiños coa axuda deste Castelo de Celas, encontrándose coa forte oposición do concello coruñés, polo cal, finalmente, chegaron ó acordo de eliminar da fortificación os elementos defensivos como os palenques, seteiras, beirís e ameado.

Características[editar | editar a fonte]

Na actualidade só se conserva unha torre de planta cadrada, con 8 metros de lado, elevándose a 12 metros de altura. Nela aínda se aprecia o brasón de armas dos Andrade. Ata tempos recentes tivo acaroado un pazo xa desaparecido. Foi obxecto de restauración en 1992, sendo adaptado como espazo museolóxico e de exposicións. Dende 1994 as súas instalacións albergan o Museo Etnográfico de Culleredo. Dende o ano 2011 o museo atópase pechado ó público.

Encóntrase coa protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e da Lei n° 16/1985 sobre o patrimonio Histórico Español.

Crese que a veciña Igrexa de Santa María de Celas, en estilo románico, foi parte integrante da primitiva fortificación.

No ano 2019 a cadea de distribución de alimentación Gadisa fixo un anuncio de televisión no que os protagonistas pasean polo parque que arrodea á torre, e aparecen nun balcón, o balcón non existe na torre, foi engadido dixitalmente no vídeo.[3]

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOGA MOSCOSO, Ramón (2003), Guía dos castelos medievais de Galicia, páxs. 42-43, Guías Temáticas Xerais. Edicións Xerais de Galicia, S.A.. ISBN 84-9782-035-5

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]