Saltar ao contido

Tordo dourado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tordo dourado
 Nome taxon
    Zoothera aurea
 Nome curto
    Z. aurea (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Zoothera dauma aurea
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaTurdidae
XéneroZoothera
EspecieZoothera aurea Editar o valor en Wikidata
Holandre, 1825 Zoothera aurea Editar o valor en Wikidata
Localización
Fontes e ligazóns
ITIS916153 Editar o valor en Wikidata
OTT520366 Editar o valor en Wikidata
UICN155646620 Editar o valor en Wikidata
CoL5D7NC Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O tordo dourado[1] (Zoothera aurea) é un paxaro da familia dos túrdidos. O nome do xénero Zoothera vén do grego antigo zoon, 'animal' e theras, 'cazador'. O adxectivo específico aurea vén do latín aureus, 'dourado', característica que lle dá o seu nome galego.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese na taiga de coníferas húmida, principalmente no Paleártico leste en Siberia ata Manchuria, Corea e o Xapón. As razas do norte son moi migratorias, e a maioría trasládanse ao sueste de Asia durante o inverno. É unha ave vagante moi rara en Europa occidental, pero pode chegar á Península Ibérica.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os sexos son similares, ten 27–31 cm de longo, con manchas negras sobre fondo amarelado ou máis claro branco. A característica máis salientable para a identificación en voo é a faixa negra na parte inferior das súas ás brancas, unha característica compartida co tordo siberiano Geokichla sibirica. O macho canta unha canción alta, un asubío mecánico que se sente desde lonxe, cunha pausa de 5–10 segundos entre cada frase longa dun segundo tipo twii...tuuu....tuuu....tuuu.

Previamente era considerado unha subespecie do Zoothera dauma.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 61, 414. ISBN 978-1-4081-2501-4.